A Cidade da Cultura celebra o Día dos Museos 2016

ACTIVIDADES
dia dos museos

A Cidade da Cultura celebra o Día dos Museos 2016

Talleres, contacontos, actividades lúdicas, percorridos didácticos, exhibicións artísticas,… a Cidade da Cultura celebra o sábado 21 de maio o Día dos Museos, unha xornada de portas abertas chea de actividades para gozar coa familia.
Ese día, e aproveitando que segue en marcha a exposición sobre moda e téxtil Con´fio en Galicia, o Museo do Gaiás convida a todo aquel que estea interesado a aproximarse á cultura galega a través da moda e do téxtil.
Entre as actividades que se ofertan estará a de ser artista por un día e fabricar un tecido colectivo, coñecer de primeira man o proceso tradicional da elaboración do liño ou a la, descubrir de onde vén a seda, facer da roupa usada unha obra de arte, participar nunha ilustración xigante, divertirse cos contos de Montse Rivera ou elaborar as pezas do futuro. Un amplo programa totalmente gratuíto que inclúe visitas especiais á mostra Con-fío en Galicia , con xogos e actividades pensados para todas as idades.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn