A Cámara de Comercio de Santiago impulsa unha misión comercial do sector turístico á feira TTG de Rímini

Feria Rimini 2017 2

A Cámara de Comercio de Santiago impulsa unha misión comercial do sector turístico á feira TTG de Rímini

Un grupo de 22 empresas do sector turístico galego participou na principal feira sectorial de Italia, a Feira TTG de turismo de Rímini (Italia), nunha acción organizada pola Cámara de Comercio de Santiago dentro do seu Plan Internacional de Promoción financiado con fondos FEDER. Hoteis, almacenistas e axencias de viaxe integraron a misión comercial na que participaron empresarios de diferentes provincias galegas que, durante o tres días de duración da feira, mantiveron contactos con turoperadores e almacenistas italianos e do resto de Europa.

A Feira TTG reuniu a 2.500 expositores, 70.000 asistentes e 1.000 empresas de compra internacional de paquetes turísticos, cun enfoque moi empresarial priorizando os contactos B2B entre os operadores. O mercado italiano xa supón a terceira nacionalidade que máis visitantes achega á nosa comunidade desde o exterior, con preto de 150.000 viaxeiros aloxados e de 215.000 noites nos establecementos de Galicia o mercado italiano en 2016, por detrás de Portugal e Alemaña representando o 9,4% do total do turismo internacional e cun crecemento continuado no últimos cinco anos.
O mercado italiano ten, ademais, un gran peso no Camiño de Santiago, xa que en 2015 e 2016, situouse como o primeiro país estranxeiro que rexistra máis peregrinos achega ao Camiño de Santiago.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn