A BTT Ruta do Viño Rías Baixas celebrarase no Rosal o domingo 21 de outubro

cartel-peque-2018

A BTT Ruta do Viño Rías Baixas celebrarase no Rosal o domingo 21 de outubro

As inscricións xa están abertas a través da web www.bttrutavinoriasbaixas.com

A BTT Ruta do Viño Rías Baixas celebrará a súa terceira edición no Rosal o domingo 21 de outubro nunha xornada que volverá unir deporte e enoturismo nunha xornada que aspira a igualar ou superar os 250 participantes da edición pasada.
As inscricións para esta proba organizada pola Ruta do Viño Rías Baixas xa están abertas e pódense formalizar a través da web www.bttrutavinoriasbaixas.com. O prazo para apuntarse finaliza o 18 de outubro. O prezo por dorsal é de 10 euros para deportistas federados e de 20 euros para non federados. O custo da inscrición inclúe todos os seguros, así como dous obsequios para os participantes: unha camiseta técnica e unha botella de viño de adegas asociadas á Ruta do Viño Rías Baixas.
A proba dará comezo ás 09.30 horas desde a Praza do Concello do Rosal para iniciar un percorrido de 45,5 quilómetros. As persoas participantes terán a oportunidade de descubrir as paisaxes da subzona do Rosal, cruzando viñedos e pasando por distintas adegas asociadas á Ruta do Viño Rías Baixas. Ao finalizar o percorrido ofrecerase un ágape para todos os participantes.
Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn