A APEHL promociona o turismo en Lugo a través da Volta

ACTIVIDADES
apehl vuelta ciclista

A APEHL promociona o turismo en Lugo a través da Volta

Por quinto ano consecutivo, a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (APEHL) aproveita a celebración da Volta Ciclista a España para facer promoción da provincia lucense a través dunha caseta situada na zona VIP de todas as saídas de etapa da 71º edición desta competición.

O posto de … E para comer, Lugo está presente en todas as saídas de etapa, e desenvolveu actividades especiais como showcookings e participación de hostaleiros lucenses, coincidindo coas primeiras etapas da competición, que pasaron por Galicia. Estas accións, que inclúen degustacións de produtos autóctonos facilitados de maneira altruísta polos consellos reguladores da DO Ribeira Sacra, IGP Tenreira Galega, DOP Queixo Arzúa-Ulloa, DOP Queixo do Cebreiro, IGP Pataca de Galicia, IGP Castaña de Galicia, IGP Grelos de Galicia, IGP Pemento de Mougán, IGP Mel de Galicia, IGP Fabas de Lourenzá e Agricultura Ecolóxica de Galicia, así como por Avimós, Asovega, Armadores de Burela, Galletas Daveiga e Afapán, continuarán até a finalización da Volta, o 11 de setembro. Ademais, distribuiranse exemplares da nova guía … E para comer, Lugo.

A iniciativa, que este ano conta coa colaboración da Deputación de Lugo, está a ter moi boa acogedia en torno ao público, segundo palabras do presidente da Asociación, Cheché Real, quen ademais cre que a caseta está a axudar a fomentar o turismo en Lugo e a provincia.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn