#Xornada5M: Retos e Oportunidades na Comercialización Turística no Segmento Mice

raulgarcia

#Xornada5M: Retos e Oportunidades na Comercialización Turística no Segmento Mice

Raúl García, fundador e director de MICEtraining.com e Aprendedeturismo.org

Baixo o título “Retos e Oportunidades na Comercialización Turística no Segmento Mice”, o fundador e director de MICEtraining.com e Aprendedeturismo.org, Raúl García ofreceu un relatorio cunha gran cantidade de contidos co obxectivo de profundar na modernización e a competitividade do sector MICE galego. Un sector no que García destacou a crecente profesionalización na organización das viaxes de incentivos e a aparición de grandes OPCs que asumen a xestión das reunións asociativas. García ofreceu unha serie de consellos para mellorar o proceso de organización deste tipo de turismo, incrementar a captación de novos segmentos de mercado e mellorar a satisfacción dos seus clientes, que buscan elementos creativos, destinos novos e reunións máis informais nas que se lles ofrezan experiencias diferenciais.

Descarga o relatorio de Raúl García

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn