#Jornada5M: Mercados de interese na comercialización turística de Galicia

P1010040

#Jornada5M: Mercados de interese na comercialización turística de Galicia

Os mercados británicos, alemán e estadounidense centraron a primeira das mesas redondas da xornada, que contaron coa participación dos responsables das Oficinas de Turismo de España en Londres, Frankfurt e Chicago. Ignacio del Valle, subdirector da OET de Londres, destacou as grandes potencialidades de Galicia como destino emerxente para o mercado inglés, que busca fundamentalmente descanso, natureza e turismo mariñeiro. “Todo o que busca o segmento de turista inglés de clase alta ofréceo Galicia, que ademais conta cunha boa conectividad e boa relación calidade/prezo”, destacou.

Este segmento de mercado tamén é o que capta Galicia no mercado alemán, que segue sendo maioritariamente de sol e praia. Con todo, desde a OET de Frankfurt, Julio López destacou o interese de Turismo de España en incrementar o fluxo doutro tipo de turista alemán, de maior poder adquisitivo, que é o interesado na oferta turística do norte peninsular. “É necesario potenciar o coñecemento do Destino Galicia, destacando natureza, cultura e saúde, que son elementos que van buscando os segmentos de mercado que queremos captar”, explicou López. Finalmente Carola Seseña, directora da OET de Chicago destacou tamén as grandes potencialidades do destino Galicia como opción alternativa ás rutas habituais que xa coñece o turista de EE.UU, xa que o noso territorio ofrece todo o que eles están a buscar, aínda que falta seguir traballando en situar a Galicia no imaxinario deste turista, que fundamentalmente ten de Galicia a referencia do Camiño de Santiago.

Descarga o relatorio de Ignacio del Valle OET Londres
Descarga o relatorio de Julio López, OET Frankfurt
Descarga o relatorio de Carola Seseña, OET Chicago

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn