Inspeccións nos albergues do Camiño de Santiago para garantir a calidade da oferta

albergue peregrinos teo

Inspeccións nos albergues do Camiño de Santiago para garantir a calidade da oferta

Entre os meses de xuño e xullo Turismo de Galicia levou a cabo unha ampla inspección de 112 establecementos situados ao longo do itinerario francés, con especial incidencia nos albergues de peregrinos, co obxectivo de garantir a calidade do aloxamento ofertado neste itinerario da Ruta Xacobea.

En total Turismo de Galicia inspecció 112 establecementos de aloxamento que lle levaron a levantar un total de 52 actas de infracción ou requirimento. 35 delas por exceso de capacidade e 17 por falta de documentación. A inspección fixo especial fincapé nos albergues de peregrinos, 78 en total foron os inspeccionados neste operativo.

Segundo explicaron desde Turismo de Galicia, o obxectivo de levar a cabo este tipo de actuacións, especialmente nestas datas, é o de garantir o cumprimento da normativa en materia de aloxamentos e favorecer así unha oferta en condicións de calidade, obxectivo fundamental da recentemente aprobada normativa sobre albergues turísticos.

En definitiva, trátase de conseguir un incremento na calidade dos albergues, como establecementos de aloxamento turístico, que fagan atractivo o noso territorio como destino. Neste sentido, como en todo o que abarca a xestión do Camiño de Santiago, é fundamental a colaboración de todos os axentes implicados, incluíndo concellos e outras entidades, para ofrecer aloxamentos naqueles lugares destinados para tal finalidade.

Marca de peregrinos
No que vai de ano chegaron a Galicia 128.969 peregrinos, un 7,5% máis que no mesmo período do ano pasado. Esta tendencia positiva fai que as previsións para este ano 2016 sexan superar os 262.516 peregrinos de 2015, sendo o Camiño Francés o máis concorrido, cun 65% do total de peregrinos que chegaron a Compostela en 2015.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn