Hostalaría de Compostela traslada ao Concello de Santiago o seu informe de medidas a adoptar para afrontar a crise do coronavirus

terrazas compostela

Hostalaría de Compostela traslada ao Concello de Santiago o seu informe de medidas a adoptar para afrontar a crise do coronavirus

Hostalaría de Compostela fixo público un informe no que pon de manifesto o peso específico do sector turístico na capital galega para chamar a atenciónd sobre as medidas adoptadas polas diferentes administracións públicas para facer fronte á crise propiciada polo COVID-19 que, ao seu xuízo, son insuficientes. Estimando que o peso que este sector representa en Compostela é do 20% do seu PIB, os hostaleiros composteláns fan unha valoración das medidas adoptadas até a data – adiamento de pagos e cotas da Seguridade Social, rebaixa de impostos ou concesión de ERTES, entre as máis destacadas- considerando que son medidas cortoplacistas que non garanten a viabilidade de moitas empresas se non que o que fan é pospor o problema.

Por iso, neste informe recóllense unha serie de medidas de diferente ámbito. En materia laboral solicitan a eliminación da obrigatoriedade de manter 6 meses os postos de traballo na empresa obxecto de ERTE por fuerz maior se non que se manteña o persoal en función do aforamento e a fase en que se autorice a apertura nos diferentes locais. Solicitan tamén unha ?liña expres? de regulación e adaptación do emprego, pago subvencionado de permisos e excedencias voluntarias así como axudas a fondo perdido por mantemento de postos de traballo

O informe tamén recolle críticas ao funcionamento das liñas de crédito ICO e do IGAPE, rexeitando o criterio de que se deixe a decisión das entidades financeiras a concesión destas axudas ou os prazos de devolución do préstamo, que consideran escasos. Ademais, valoran que as liñas de crédito do IGAPE concédense a empresas saneadas e fortes, non ás que teñen unha maior situación de desamparo, polo que solicitan a revisión dos criterios de concesión destas axudas.

Plan marco de reactivación económica municipal
O informe recolle tamén unha proposta marco para o concello de Santiago de Compostela con diferentes iniciativas para a reactivación da economía municipal, atendendo especialmente ao sector turístico ao que consideran que o concello non presta suficiente atención. Entre as medidas propostas o informe recolle a solicitude de compensación de impostos municipais polo tempo en que os negocios están pechados ou unha parte proporcional no caso de que a reapertura se produza con condicións de aforamento limitadas. Esta medida afectaría a impostos como o de lixo, terrazas, abastecemento e saneamento ou IBI. Ademais, solicítase unha redución destes impostos para 2021 e unha suspensión temporal da normativa de terrazas, sen esquecer a solicitude dunha campaña específica promocional e incremento de axudas directas, ademais de que se conte co sector hostaleiro nas decisións que se tomen respecto diso tanto sobre o sector como sobre o Camiño de Santiago, “son tempos de valentía e de liderado que a hostalaría deposita non goberno dá cidade e especialmente non seu alcalde”, afirman.

Accións específicas para o turismo de Santiago.
Finalmente o informe valora como insuficiente o paquete de medidas presentado polo concello para as actividades dos departamentos de Turismo e Cultura polo que solicitan unha modificación do orzamento de INCOLSA e unha batería de medidas a maiores das presentadas entre as que suxiren a implentación de accións de posicionamento en liña do destino, creación dun foro profesional, reactivación do sector MICE, así como un estudo do comportamento de mercados próximos, unha campaña promocional de Santiago como destino urbano saudable e o deseño dunha oferta cultura e de lecer de baixo impacto. Do mesmo xeito solicitan reforzo do Santiago(e)tapas e do Banquete de Conxo e a reformulación das actividades turísticas e de lecer que se celebran no segundo semetre do ano ou posta en marcha doutras novas adaptadas ás novas circunstancias.

Consulta o informe completo

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn