Hostalaría Compostela prevé unha ocupación media próxima ao 70% nas Festas do Apóstolo

Datos-ocup.-xuño-2019_Ocupación-1

Hostalaría Compostela prevé unha ocupación media próxima ao 70% nas Festas do Apóstolo

A asociación fixo balance da ocupación en xuño e avanza perspectivas cautas para o mes de xullo

A asociación Hostalaría de Compostela cifrou a ocupación dos seus establecementos asociados, hoteis e pensións, no mes de xuño nun 77,85% no caso dos hoteis e nun 76,56% no caso das pensións, cun claro repunte dos visitantes estranxeiros que supuxeron algo máis do 50% do total de viaxeiros, superando así ao mercado nacional. As cifras, en todo caso, mantéñense en cifras similares ao mesmo período do ano pasado, con dez puntos de diferenza entre a porcentaxe de viaxeiros estranxeiros fronte aos nacionais.

Con todo, a entidade que agrupa a profesionais da hostalaría e a hospedaxe da capital galegas móstranse cautos á hora de avanzar previsións de ocupación para as Festas do Apóstolo e para o mes de xullo, no seu conxunto. Así, para os días 24 ao 27 de xullo, cifran as porcentaxes de ocupación en case un 68% no caso dos hoteis e 69% nas pensións, unhas cifras que trasladan de forma moi próxima ao conxunto do mes de xullo. Para o balance do mes, a asociación calcula que alcanzará unha ocupación de algo máis do 63% para os hoteis e do 68% para as pensións.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn