Hostalería Compostela asina un acordo co Concello de Noia para a promoción de excursións gratuítas desde Santiago

saida_visita_noia

Hostalería Compostela asina un acordo co Concello de Noia para a promoción de excursións gratuítas desde Santiago

A Asociación Hostalería Compostela asinou un acordo de colaboración co Concello de Noia para promocionar excursións gratuítas dun día á vila mariñeira desde Santiago. O obxectivo é ofrecer esta actividade a aqueles que pernoiten na cidade e así contribuír a incrementar a estancia media dos turistas en Compostela, que actualmente continúa nun día e medio.
A presidenta de Hostalería Compostela, Sara Santos; a vicepresidenta, Rita Sobrado; o directivo Sergio Fernández e o xerente, Ramón García, participaron nunha destas excursiones organizada polo Concello de Noia, co fin de coñecer en primeira persoa en que consisten estas viaxes nos que se visita a vila, a confraría e os bancos marisqueiros, a Casa Consistorial e outros monumentos.
Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn