Galicia e o estado mexicano de Guanajuato acordan colaborar no ámbito turístico

Galicia_Guanajuato

Galicia e o estado mexicano de Guanajuato acordan colaborar no ámbito turístico

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o secretario de Turismo do estado mexicano de Guanajuato, Fernando Olivera, asinaron un memorándum de entendemento para fortalecer a promoción de ambos os destinos, un acordo que se enmarca no proceso de internacionalización do destino Galicia. “Estamos a traballar para incrementar o número de viaxeiros que nos visitan e queremos facelo, fundamentalmente, a partir do auxe do turista estranxeiro”, indicou Nava Castro, lembrando que o obxectivo da nova Estratexia do Turismo, é que en 2020 o turismo internacional represente o 33,3% do total.

Neste sentido e incidindo nesta internacionalización, a directora de Turismo de Galicia resaltou a importancia de asinar acordos como o rubricado hoxe, a través do cal os destinos de Galicia e Guanajuato establecerán liñas de colaboración nas que realizarán un intercambio de información e material turística. Deste xeito, vaise a promocionar o destino turístico de Galicia no Estado de Guanajuato, da mesma maneira que Galicia tamén promocionará este destino mexicano.

Tamén se acordou elaborar un plan de traballo conxunto para a concreción dos prazos asociados ás diferentes liñas de traballo, así como unha memoria que resuma o traballo realizado e desagregación a aprendizaxe resultante.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn