Galicia estréase na certificación Sporttoury, nova marca de calidade do Turismo Deportivo en España

presentacion sporttoury

Galicia estréase na certificación Sporttoury, nova marca de calidade do Turismo Deportivo en España

A certificación, impulsada pola Asociación do Deporte Español, polo Consello Superior de Deportes e polo Comité Olímpico Español recalou en Galicia para a presentación desta iniciativa e a entrega do primeiro selo Sporttoury ao Hotel Carlos I Silgar

Co obxectivo de crear un sistema de catalogación en turismo deportivo, baseado na especialización turística neste segmento de mercado inventariando instalacións, servizos e experiencias de organizacións e usuarios vinculadas ao deporte e á actividade física nun territorio concreto, a Marca de Garantía de Turismo Deportivo, Sporttoury, avalada pola Asociación do Deporte Español, polo Consello Superior de Deportes e polo Comité Olímpico Español recalou en Galicia para a presentación desta iniciativa e a entrega do primeiro selo Sporttoury, e dentro dela, a máxima distinción, Sporttoury Premium, que recaeu no Hotel Carlos I Silgar, polo seu traballo de unión de todos os axentes públicos e privados que operan no sector do turismo deportivo neste municipio. O establecimento de Sanxenxo convértese así no primeiro establecemento de Galicia e de todo o Norte de España que o logra.
A entrega celebrouse nos salóns do hotel nun acto presidido pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e no que participaron o CEO de Sporttoury, Antonio José García; o delegado da xunta directiva da Asociación do Deporte Español (ADESP), Carlos García Gómez; o director do hotel, Leonardo López, e o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, no marco dunha xornada de traballo na que tamén se desenvolveu unha mesa de traballo multidisciplinar que ten como fin situar a Sanxenxo como destino óptimo para os turistas deportivos e na que participaron Concello de Sanxenxo, Real Club Náutico de Sanxenxo, Eolo, Círculo Cultural Deportivo de Sanxenxo, París Dakar Área Recreativa, Mission Surf e Hípica Ábrego.

Turismo deportivo, un nicho en desenvolvemento
O proxecto SportToury nace co obxectivo de prestar un servizo máis completo e de calidade a todos o seu federados, ofrecendo unha relación de estabelcimientos e servizos de calidade para a práctica deportiva en todo o territorio nacional, un servizo que se pode estender a calquera turista que visita o noso país e que, a través do portal de Sporttoury pode atopar as mellores opcións para a práctica de calquera deporte.
O proxecto, lanzado a comezos deste ano 2017, inclúe, ademais, a entrega dun distintivo acreditativo de calidade aos establecementos hoteleiros e zonas turísticas que ofrezan unhas garantías mínimas para os clientes potenciais dos devanditos establecementos, para o exercicio das actividades deportivas que integran ás distintas federacións deportivas.
E é que tanto España como Galicia en particular, ofrece unha gran diversidade de espazos para a práctica deportiva que permiten apostar por este nicho de mercado como é o do turismo deportivo. Non en balde cabe lembrar unha de cada oito persoas acode a España para facer deporte ou para algún evento deportiv, o que ofrece unhas grandes opcións de desenvolvemento de negocio para os establecementos hoteleiros.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn