Galicia propón que a igualdade sexa un criterio para valorar nos selos de excelencia turística

camarera Piso

Galicia propón que a igualdade sexa un criterio para valorar nos selos de excelencia turística

A Consellería de Cultura e Turismo trasladou ao Instituto para a Calidade Turística Española ( ICTE) unha proposta para incorporar criterios de igualdade na valoración para a concesión dos certificados de excelencia turística. O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, reuniuse co director do ICTE, Fernando Frade, para trasladarlle esta proposta galega, incorporación coa que se busca seguir profundando no fomento de boas prácticas no sector que favorezan a perspectiva de xénero, con selos que atendan á responsabilidade social empresarial e que favorezan a equidade no sector turístico.
A solicitude galega nace do acordo parlamentario do pasado 4 de decembro na que se instaba á Xunta á reunirse cos representantes do sector turístico para impulsar medidas no ámbito da sensibilización, da formación e da aplicación de criterios de contratación que protexan a colectivos en risco deste sector, motor económico de Galicia. Cun total de 273 Q de Calidade Turística Galicia converteuse en líder en España nestes selos de excelencia turística, superando por vez primeira a Andalucía nun recoñecemento que incentiva ás empresas para cumprir unha serie de requisitos. A pretensión @de la Xunta, en liña coas demandas sociais, sería mellorar as condicións de traballo, con medidas de calidade no emprego, facendo fincapé naquelas que poidan afectar o sector do aloxamento turístico, en particular ás camareiras de pisos.
Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn