Galicia mellora en competitividade turística pero perde postos no ranking español

monitur 1

Galicia mellora en competitividade turística pero perde postos no ranking español

Segundo o último informe Monitur 2014, Monitor da Competitividad Turística relativa nas comunidades autónomas, elaborado por Exceltur e relativo ao cuadrienio 2010-2014, Galicia ocupa o posto 10 con 100 puntos no que se refire á valoración global da súa competividad turística, o que supón que o noso territorio subiu 1,1 puntos no seu índice de competitividade aínda que non o suficiente como para non verse superada por Navarra e A Rioxa cuxo crecemento desprazou a Galicia do posto oitavo que ocupaba no anterior informe Monitur de 2011 ao décimo que ocupa agora. Para establecer este ranking, o informe valorauna serie de indicadores que os autores do informe agrupan en sete alicerces da competividad turística: visión de mercadotecnia estratéxica e apoio comercial; Atracción de talento, Formación e eficiencia dos rrhh; Accesibilidade y Conectividad por Medios de transporte; Ordenación e Condicionantes Competitivos do Espazo turístico; Diversificación e Estructuración de Produtos turísticos; Prioridade política e Gobernanza turística e Desempeño: resultados económicos e sociais. .

Deles o noso territorio destaca Galicia destaca por unha adecuada estructuración integral da experiencia concreta a gozar, graza a unha aposta por experiencias turística cun valor diferenciado, únicas, que van moito máis alá do turismo de sol e praia, destacando especialmente pola súa diversificación da oferta turística que, ademais resulta moi atractiva para o turista, tal e como indica o informe que engade que Galicia está a ofrecer paquetes turísticos con “o maior valor engadido diferencial e máis aliñados coas aspiracións dos turistas que se desexen atraer”.

Monitur recolle a Galicia en postos destacados no que se refire a desenvolvemento do turismo termal e enológico, así como no desarrorllo do plan de mercadotecnia estratéxica e o apoio comercial entre a administración pública e o sector, onde somos a terceira comunidade autónoma. Neste sentido, Galicia obtén excelentes resultados no que se refire á aposta da administración pública polo sector turístico, seguimento dos resultados económicos e aposta pola innovación, sen esquecer que a coordinación interadministrativa onde ocupamos o primeiro posto.

Clientes satisfeitos, prescriptores fieis

Outra das grandes fortalezas de Galicia, segundo recolle o informe, é a satisfacción do visitante. Na anterior radiografía coñecida en 2011, a comunidade ocupaba o posto número 10 e agora estamos no número 2 grazas á gran capacidade de xerar experiencias únicas e satisfactorias que converten aos visitantes en prescriptores dos destinos, con gran capacidade de fidelización especialmente importante nestes momentos, coa irrupción das novas tecnoloxías.

Melloramos tamén na calidade da formación ao sector, apoio á formación contínua e profesionalización do sector, pero son melloras cuxos resultados económicos e no conxunto do sector non ven de forma inmediata, é unha aposta de futuro cuxos resultados positivos cultivaremos nos próximos anos. Cabe lembrar neste sentido que estamos fronte a un informe que se publicou hai un mes pero que fai referencia ao cuadrienio de 2010 a 2014.

Entre os aspectos a mellorar, o informe destaca a conectividad e a desestacionalización como vías para a captación de turistas todo o ano que contribúan a mellorar a rendibilidade en conxunto do sector turístico galego.

Descarga el informe completo

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn