Galicia Friendly clausura a súa 2ª edición con 70 novas adhesións ao seu programa de mellora de competencias lingüísticas

ACTIVIDADES
foto grupo entrega placas galicia friendly

Galicia Friendly clausura a súa 2ª edición con 70 novas adhesións ao seu programa de mellora de competencias lingüísticas

Santiago acolleu a xornada de clausura do programa cuxo obxectivo é a mellora da imaxe dos establecementos e da atención a visitantes estranxeiros

A Cidade da Cultura de Santiago de Compostela acolleu hoxe a entrega das placas “Galicia Friendly” que acreditan aos establecementos hostaleiros que contan con competencias en inglés que lles permitan ofrecer servizo aos turistas estranxeiros. En total son 87 establecementos os que se contan este ano dentro do programa, 15 renovan con respecto á primeira edición e un total de 72 son novas adhesións, todos eles establecementos hostaleiros pertencentes a Coruña, Santiago, Lugo e Pontevedra.
No acto de entrega dos recoñecementos de aproveitamento do programa estiveron presentes, ademais do presidente do Clúster Turismo de Galicia e dos presidentes das asociacións de hostalaría promotoras (A Coruña, Lugo, Santiago e Pontevedra), o chef do restaurante coruñés Árbore da Veira, Luís Veira, galardoado cunha Estrela Michelín, quen protagonizou un relatorio de clausura e recolleu a súa propia placa “Galicia Friendly”.
O programa Galicia Friendly, promovido polo Clúster de Turismo de Galicia en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia, pon así fin a un intenso proceso de auditoría e mellora das competencias lingüísticas dos hostaleiros galegos que se desenvolveu durante os meses de setembro e outubro co fin de mellorar as competencias lingüísticas dos seus traballadores e soportes de comunicación, tanto on-line como off-line, que lles permitan atender mellor as necesidades dos turistas estranxeiros. O equipo de Galicia Friendly ocupouse de dar asesoramento e soporte personalizado, elaborando os informes para orientar as súas accións que melloren dita atención ao cliente estranxeiro.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn