Galicia escala dous postos no ranking de ocupación de turismo rural para este mes de xullo

Ranking-ocupacion-julio-2016

Galicia escala dous postos no ranking de ocupación de turismo rural para este mes de xullo

Segundo recolle a enquisa de ocupación de TopRural para este mes de xullo, a ocupación en Galicia no sector do turismo rural roldará o 38%, cinco puntos por encima da media nacional que este portal sitúa no 33%. Galicia ocupa pasa así do 10 ao 8 posto en ranking de ocupación por comunidades autónomas para afrontar a tempada estival, especialmente importante para este sector que segue sendo moi estacional.
Os datos, que se solicitaron a partir dos calendarios de dispoñibilidade dos propietarios, indican que Baleares lideran o ranking nacional cun 69% de ocupación, seguida polo País Vasco, cun 49% (tres puntos máis que en 2015); Cataluña (co 47%, 7 puntos máis que en 2015). Completan o top ten Canarias (46%), Asturias (45%), Navarra (42%), Cantabria (40%), Galicia (38%), Andalucía (35%) e Murcia (30%). En conxunto trátase das mellores previsións para un mes de xullo desde que TopRural recompila esta información (2008).
Bos datos para o primeiro semestre
Estas cifras veñen pór o broche de ouro a un primeiro semestre que se pechou cunha remontada no sector do turismo rural que, segundo o portal www.clubrural.com sería do 23,65% respecto do primeiros seis meses de 2015. Estes números mesmo aumentan se o cotejo faise con anos aínda máis afastados. Así, en 2014 houbo un 30.80% de reservas menos que neste primeiros seis meses. E en 2013, un 38.89%. Cifras que pon de manifesto o constante crecemento do turismo rural, un reflexo da recuperación que está a vivir o sector despois dos anos en números negativos que se rexistraron sobre todo en 2011 e 2012.

Segundo os datos recolleitos por Turismo de Galicia, ademais, o primeiro cuadrimestre do ano para o turismo rural galego foi o mellor do últimos seis anos, mantendo un crecemento constante da demanda que permitiu que no acumulado deste primeiros catro meses rexistrásense un total de case 56.000 pernoctaciones.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn