Galicia Destino Activo avanza na creación de máis de 16 produtos de turismo activo

destino_activo_11-06_DSC02801

Galicia Destino Activo avanza na creación de máis de 16 produtos de turismo activo

A marca de referencia de Turismo Activo de Galicia está a involucrar a través de mesas de traballo a tódalas empresas turísticas do territorio galego con interese na comercialización de produtos de turismo activo

Co obxectivo de marcar os estándares de calidade precisos para formar parte do programa de GALICIA DESTINO ACTIVO no ano 2018, a Cidade da Cultura acolleu unha nova xornada de traballo na que se constituiron 13 mesas de traballo para avanzar no desenvolvemento dun total de 16 novos produtos turísticos.
As mesas de traballo son froito da posta en marcha do Workshop Galicia Destino Activo 18, celebrado o pasado 24 de maio. Este evento, no que se levaron a cabo máis de 1600 reunións B2B, serviu como nexo de unión entre todo tipo de empresas que prestan de servizos turísticos en territorio galego.
Como consecuencia desta creación de sinerxías obtivéronse grupos de traballo que están a desenrolar 16 produtos turísticos enmarcados na estratexia de Galicia Destino Activo.
As empresas participantes no proxecto teñen ata o día 18 de xuño para adaptar a súa oferta aos estándares marcados. Posteriormente, comezarán os traballos de fotografía, vídeo, redacción de textos e creación de soportes on e off line así como as accións concretas de promo-comercialización que permitirán achegar esta oferta dun xeito vangardista aos potenciais comercializadores desta oferta creada.
Galicia Destino Activo é a marca de referencia de promoción do turismo activo de Galicia, que naceu en 2015 a partir do concurso de ideas do Clúster de Turismo de Galicia e que desde ese momento está activando a promoción desta disciplina en mercados exteriores. Para elo o Clúster conta co apoio técnico do grupo promotor de Galicia Destino Activo, conformado pola Asociación Galega de Empresas de Turismo Activo (AGETAN), a touroperadora CN Travel, o grupo Caldaria e a Asociación Galega de Axencias de Viaxes (AGAVI).

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn