Galicia asume a coordinación da España verde co obxectivo de potenciar o camiño como eixo vertebrador do norte peninsular

20200123TraspasoEspañaVerde_1

Galicia asume a coordinación da España verde co obxectivo de potenciar o camiño como eixo vertebrador do norte peninsular

A marca turística integrada por Asturias, Cantabria, Galicia e País Vasco traballan para fixar liñas de traballo conxuntas e prioridades entre as que se sitúa a promoción do Camiño de Santiago

Galicia potenciará o Camiño de Santiago como eixo vertebrador das comunidades que conforman a marca España Verde e como exemplo do seu modelo turístico, baseado na calidade e a sustentabilidade. Así o avanzou o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, no marco de Fitur, onde se escenificou o traspaso de poder do País Vasco a Galicia, que neste 2020 asume a coordinación das actividades desta marca turística que integra a Asturias, Cantabria, Galicia e País Vasco. Todos estes territorios teñen en común unha posta en valor dos recursos de cada territorio e potenciando elementos como a gastronomía, o patrimonio, a natureza, a paisaxe ou a propia Ruta Xacobea.

Precisamente neste sentido, Rodríguez destacou o Camiño como un “valor seguro” non só para as autonomías que conforman esta marca turística, “senón para todo o norte peninsular” pola súa capacidade para situar a Marca Galicia e a Marca España a nivel nacional e internacional, fomentando valores como a diversidade ou a multiculturalidad e favorecendo o desenvolvemento das zonas rurais polas que transitan os distintos itinerarios.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn