Galicia acolleu o Congreso Internacional sobre Desenvolvemento Rural e Turismo no que participa a FAO

Young Woman Harvesting Home Grown Lettuce

Galicia acolleu o Congreso Internacional sobre Desenvolvemento Rural e Turismo no que participa a FAO

A Cidade da Cultura acolleu durante tres días o Congreso Intenacional sobre Desenvolvemento Rural e Turiso no tomaron parte representantes de máis de 20 países baixo o auspicio da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, que forma parte do comité de dirección da rede Farland da FAO. O congreso concíbese como un encontro centrado no intercambio de experiencias e no fomento da colaboración entre os participantes. Así, a de Santiago será a duodécima edición da conferencia, onde o módulo principal céntrase na xestión da terra, nos retos e nas oportunidades de futuro. Aquí abordaranse todos os instrumentos que se utilizan nos países participantes para apostar pola mobilización das terras e loitar contra o abandono, tratando diversos temas vinculados ás políticas e ferramentas de xestión de terras, como son os bancos de terras, pero tamén sobre o turismo como eixo de desenvolvemento económico para o rural.

Neste sentido precisamente virou a participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que nava castro destaca as oportunidades que o turismo ofrece ao rural galego para o seu impulso socioeconómico. “A actividade turística no rural é capaz de vincular a toda unha cadea de valor que permite que eses beneficios sexan máis visibles entre a poboación local”, destacou a directora de Turismo pondo como exemplo o positivo impacto que está a ter, por exemplo, o Camiño de Santiago como elemento tractor para crear negocios e tamén para fixar poboación.

Importancia do turismo rural
Nava Castro destacou tamén a aposta da Xunta polo impulso do rural dunha maneira transversal. Lembrou o traballo da Administración autonómica para a súa recuperación, reforzando o seu papel como fonte de emprendimento pero tamén destaqcó o potencial do turismo náutico, o termalismo, a gastronomía ou os recursos naturais como elementos craves para poder dinamizar o rural da man dunha actividade turística que os poña en valor e nos que se implique á poboación local.

Ademais desta mesa, o congreso desenvolveuse en catro módulos: unha conferencia de carácter internacional da rede Farland da FAO, na que participan 20 países de todo o mundo, dedicada á mobilidade e ao mercado de terras; outro achega do turismo, no que o Xacobeo 2021 terá un papel destacado; un terceiro ao redor do comercio e os produtos de calidade e o cuarto dirixido ao empoderamiento das mulleres do rural.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn