Formación para os axentes SICTED en Vigo

Sicted presentación

Formación para os axentes SICTED en Vigo

Ademais do proceso de certificación e impulso da calidade nas empresas turísticas, o Sistema de Calidade Turística Española en Destinos , SCTE Destinos, impulsa formación co obxectivo de implicar a todos os axentes que operan nun destino turístico. Neste contexto, Vigo acolle do 13 ao 16 de novembro unha acción formativa en Vigo orientada a capacitación de axentes SICTED: xestores, formadores, asesores e avaliadores do modelo e dos destinos turístico galegos.
A formación SICTED está dirixida a axentes en activo do sector turístico, cos seguintes perfís:
– Técnicos de concellos, axentes de desenvolvemento local, informadores turísticos,.., vinculados laboralmente ao destino no que preste os seus servizos, o fin de garantir a viabilidade e permanencia do proxecto
– Técnicos de turismo de comunidades autónomas, de deputacións provinciais, geodestinos,
– Persoal de sociedades de carácter mixto dos distintos niveis da administración
– Consultores turísticos (por conta allea ou autónomos).

A aposta que fai Turismo de Galicia pola implantación do Modelo de Calidade Turística Española en Destinos (SCTE Destinos), co que actualmente xa traballan cinco destinos turísticos en Galicia (Ferrol, Guitiriz, Baiona, Sanxenxo, Rías Baixas e Santiago de Compostela), fai que estas formacións sexan cada vez máis interesantes para a capacitación dos axentes intervenientes no modelo e para todos aqueles destinos que desexen desenvolvelo no seu territorio.
Máis información en: sicted@tourspain.es e en SCTE Destinos en: www.calidadendestino.es

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn