Expourense celebrou o Día Mundial da Calidade entregando o V Premios “Líderes en Calidade”

dia mundial calidad

Expourense celebrou o Día Mundial da Calidade entregando o V Premios “Líderes en Calidade”

Baixo a lema “Liderar en tempos de cambio”, Ourense acolleu un acto de celebración do Día Mundial da Calidade 2017 no que tamén se fixo entrega dos Premios Líderes en Calidade, que chegaron así á súa sétima edición. O obxectivo da xornada é sensibilizar tanto a empresas privadas como a entidades públicas da necesidade de incorporar aos seus modelos de xestión as directrices de calidade e medio ambiente, co fin de prestar servizos eficientes e alcanzar a satisfacción do cliente. Expourense conmemorou así o día cunha xornada na que se entregaron os premios a empresas e institucións galegas recoñecidas por ser un modelo a seguir nos seus respectivos sectores e das que destaca o seu compromiso coa Calidade e co Medio Ambiente.
As entidades elixidas como “Líderes en Calidade” polo xurado no 2017 foron:
– Sector Alimentación: Peixes Rubén S.L. (Lugo).
– Sector Socio-Sanitario: Fundación Valdegodos (Ourense).
– Internacionalización: Anfaco-Cecopesca (Pontevedra).
– Sector Educación: Grupo Academia Postal (Ourense).
– Medio e Internacionalización: Televés S.A. (A Coruña).
– Premio á traxectoria: Confederación Empresarial de Ourense – CEO.
Ademais da estas empresas, hoxe tamén se recoñeceron os 40 anos de traxectoria da Confederación Empresarial de Ourense, CEO, como entidade que anima aos seus asociados a implantar nas empresas modelos de xestión de calidade e medioambiente. Doutra banda, a CEO foi a primeira conferedeación empresarial de España en certificarse no medio Ambiente.
Os premios foron entregados por membros do Padroado de Expourense como o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; a delegada territorial da Xunta de Galicia, Marisol Díaz Mouteira; o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director de ABANCA en Ourense, Rubén Saavedra e o presidente do CEO; José Manuel Pérez Canle. Tamén participou nesta entrega a directora de Grupo S4 en Ourense, Pilar Sarabia.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn