ExpoCoruña acollerá en marzo BioCultura, a feira de produtos ecolóxicos por excelencia do estado español

biocultura

ExpoCoruña acollerá en marzo BioCultura, a feira de produtos ecolóxicos por excelencia do estado español

Do 2 ao 4 de marzo a maior feira de produtos ecolóxicos de España, Biocultura, chega a Galicia, en concreto a ExpoCoruña onde se reunirán 200 expositores para presentar a última oferta do mercado bio. Co obxectivo de alcanzar os 13.000 visitantes, a feira ofrecerá máis de 15.000 referencias de produtos de alimentación ecolóxica, acompañado doutros sectores como son produtos para a hixiene e a cosmética con ingredientes certificados; téxtil orgánico; ecomateriales, mobles e decoración para a vivenda; enerxías renovables; terapias e medicamentos complementarios; aforro e reciclaxe; ecoloxía; medio ambiente; turismo rural e casas de repouso; xoguetes; artesanías; música; libros e revistas.
O principal obxectivo é dar a coñecer a alimentación ecolóxica, os hábitos de vida saudables e responsables e que aumente o consumo interno. Así mesmo, organizáronse máis de 150 actividades, ás que o visitante poderá asistir de maneira gratuíta, o mesmo que gozar de degustacións de todo tipo, talleres de ecoestética, showcooking, conferencias, festival infantil, concertos, ecofoodrucks, sorteos…
A entrada, cuxo custo é de 4 euros para os adultos con opción de pase por 10 euros para o tres días, é gratuíta para os profesionais do sector que acrediten a súa condición. Máis información: www.biocultura.org

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn