Exceltur destaca o crecemento na rendibilidade e emprego experimentando polos destinos de turismo urbano

barometro exceltur

Exceltur destaca o crecemento na rendibilidade e emprego experimentando polos destinos de turismo urbano

Dos 102 analizados en toda España destaca, entre as cidades de menor tamaño e ingresos, os bos resultados de Pontevedra e Santiago

A análise pormenorizada dos 102 principais destinos españois que recolle o Barómetro da Rendibilidade e o Emprego nos destinos turísticos españois de Exceltur confirma o peche dun ano 2017 moi positivo con incrementos notables da rendibilidade socioeconómica inducida polo turismo. Dos 102 destinos analizados, 92 experimentaron en 2017 incrementos nos seus ingresos (+9,4% en RevPAR ata un valor anual medio de 58,7€) e 101 deles en emprego (+6,0%, o que supón 35.165 novos postos de traballo nestes destinos), respecto dos valores do que xa foi un gran ano 2016.
No informe destaca especialmente un maior crecemento da rendibilidade nos destinos urbanos (+9,5% en RevPAR, +6,0% en emprego) que nos vacacionais (+7,5% en RevPAR, +5,9% en emprego) que Exceltur considera debido ao incremento da conectividade aérea, mellor comportamento dos prezos grazas ao incremento da ocupación e a progresiva volta á normalidade dos principais países competidores no que se refire a turismo vacional de verán ( (Turquía, Exipto, Tunes), que recuperan 8,5 millóns de turistas estranxeiros en relación con 2016. Esta cifra fai evidente que limitou a capacidade de crecemento da demanda estranxeira de menor gasto cara aos destinos españois, algo que se notou especialmente nas illas e Costa do Sol, que recibiran durante 2016 a demanda prestada dos destinos competidores.
A pesar diso os destinos vacacionais seguen experimentando no ano 2017 un moi positivo aumento da rendibilidade socioeconómica do turismo, tras 6 anos de mellora continua, crecendo no RevPar un +7,5%, situándose de media nos 74,9€, acompañado por un aumento do emprego turístico do +5,9%, o que supón a creación de 13.437 novos postos de traballo nos 50 municipios deste tipo que recolle este barómetro.
Estas cifras fan que volvan ser dous municipios da illa de Eivissa os que lideran a rendibilidade socioeconómica do turismo vacacional en España: Eivissa e Sant Josep de Sa Talaia.

Notable incremento do turismo urbano
O notable aumento do consumo turístico, a recuperación do segmento de negocios, a chegada de turistas de longa distancia de maior nivel de gasto e a apertura e reposicionamiento de novos produtos de maior nivel de servizo intensificaron a xeración de emprego turístico nas cidades (+6,0%), especialmente nas ramas de actividade turística vinculadas ao seu gasto directo en destino, como son o goce do lecer, a restauración e o comercio. Concretamente, o emprego nas actividades de lecer aumenta un 10,2%, nos bares e restaurantes un 8,5%, e no comercio un 5,6%, ao longo do ano de 2017. Doutra banda, o emprego en aloxamento, transporte e axencias de viaxe aumentou un 5,9%, 5,9% 5,5%, respectivamente.
Eivissa lidera con 131,9€ o ingreso medio por habitación en toda España no ano 2017, seguido de San Sebastián (91,6€, +2,6% en RevPAR e +5,8% en emprego) e Palma de Mallorca (80,2€, +18,8% en RevPAR e +9,4% en emprego) rexistran o segundo e terceiro maior RevPAR urbano tras crecer en 2017 (no caso donostiarra respecto dun 2016 no que celebrou a Capital Europea da Cultura).
Doutra banda, entre algunhas das cidades de menor tamaño e ingresos menores destacan as galegas Pontevedra (32,4€, +30,4% en RevPAR e +16,9% en emprego) e Santiago (39,9€, +17,1% en RevPAR e 8,3% en emprego), ademais de Valladolid (39,6€?, +20,7% en RevPAR, +7,9% en emprego), Huesca (26,6€€, +16,2% en RevPAR, +18,2% en emprego), Burgos (34,7€, +14,6% en RevPAR, +6,8% en emprego), Lleida (25,2€, +14,6% en RevPAR, +18,4% en emprego) e Xaén (35,5€, +13,7%, en RevPAR e +13,9% en emprego).

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn