Exceltur anticipa un crecemento para este ano similar ao de 2019 aínda que se mostra cauteloso ante o arrefriado progresivo do crecemento do sector

informe exceltur

Exceltur anticipa un crecemento para este ano similar ao de 2019 aínda que se mostra cauteloso ante o arrefriado progresivo do crecemento do sector

Un 80% dos empresarios galegos esperan mellorar resultados este ano, beneficiados pola próxima celebración do Xacobeo en 2021, aínda que con menor intensidade, segundo esta enquisa

O último informe publicado pola patronal de empresas turísticas españolas, Exceltur, recolle o balance final de 2019 e as perspectivas do sector para este arranque do ano. Neste sentido, a enquisa empresarial recolle a consolidación da desaceleración no crecemento da actividade turística detectada en 2019, que crece até o +1,5%, por baixo do dinamismo da economía española (+2,0%) por segundo ano consecutivo.

Os destinos das comunidades da España Verde pechan 2019 en positivo, con notables aumentos nos ingresos, favorecidos polo forte aumento da demanda estranxeira, o que lles permite a todas pechar ano con mellora nos resultados e ingresos: Galicia (+2,8% en resultados),
Cantabria (+1,1%), País Vasco (+1,2%) e Asturias (+0,3%). No seu conjuto o sector soubo manter a súa capacidade de xerar emprego, a pesar do decrecimiento en produtividade e o incremento de custos labores, unha das maiores preocupacións para os empresarios para este próximo ano.

Neste sentido, e de face ás perspectivas para 2020, o sector destaca a debilidade no crecemento económico aínda que, no seu conxunto, os empresarios confían en seguir incrementando os seus ingresos (+3,1%) e vendas (+3,9%) para o ano 2020, cunha leve recuperación de prezos (+3,0%) e unha creación de emprego máis moderada (+2,3%) que a que se rexistrou en 2019
(+3,5%). No caso particular dos empresarios galegos estes manifestan confianza en mellorar os seus resultados beneficiados pola próxima celebración do Xacobeo en 2021, aínda que con menor intensidade (+1,6%) e case a 80% espera mellorar en vendas e ingresos o próximo ano.

Neste contexto, Exceltur anticipa para 2020 unha prolongación da senda de arrefriado do ritmo de crecemento do PIB turístico, mantendo unha taxa do +1,5% para o peche do ano, similar á rexistrada en 2019. Coa chegada do novo goberno destacan, ademais, a necesidade de impulsar unha nova folla de ruta e política turística de Estado, unha nova gobernanza público-privada que fortaleza a capacidade investidora en melloras da oferta, avance na dixitalización, afronte os retos ambientais e persiga unha maior empatía cidadá.

En canto a destinos, a medida que segue en aumento a debilidade dos mercados europeos como Alemaña ou Reino Unido, crece o peso dos mercados de proximidade e os de longo percorrido. O informe tamén recolle os problemas de conectividad aeroportuaria e a necesidade de seguir avanznado no cumprimento das normas relativas ás VUTs

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn