FINANCIAMENTO PARA AS EMPRESAS TURÍSTICAS

Loading Map....

Fecha/Hora
Date(s) - 21/05/2019
10:30 - 14:00

Ubicación
Auditorio 2 do CINC

Categorías


Por que?

As empresas do sector turístico son intensivas no uso de recursos financeiros para o desenvolvemento da súa actividade. Contan con requirimentos e casuísticas específicas que se deben traducir en produtos que se adapten ás súas necesidades.

Por outra banda, existen incentivos públicos que poden axudar ás empresas no acceso aos recursos financeiros, que non sempre son coñecidas polas mesmas.

Ademais, existen instrumentos, que non sendo novos na súa concepción, si que se poden utilizar dunha forma máis ampla podendo financiar diversos activos e investimentos na empresa.

E a hora de solicitar financiamento, os nosos estados financeiros non sempre son o suficientemente atractivos para que o banco poida considéralo un risco asumible.

É por iso que o Clúster de Turismo de Galicia conxuntamente co Banco Sabadell, organiza a presente xornada, onde se contará con expertos que coa súa visión axuden ás empresas do sector turístico no ámbito do financiamento das súas organizacións.

 

Para quen?

A presente xornada está pensada para profesionais, autónomos e propietarios de empresas do sector turístico, que consideren que poden mellorar o financiamento das súas organizacións ou necesiten recursos para novos proxectos de investimento.

 

Onde e cando?

Martes 21 de maio de 2019.

Santiago de Compostela, Auditorio 2 do CINC. Cidade da Cultura.

 

Programa

10.30 Apertura da Xornada

  • Cesáreo González Pardal , Presidente do Clúster de Turismo de Galicia
  • Juan Luis Candamo Fernández, Director Rexional de Galicia Centro Banco Sabadell
  • Nava Castro Domínguez, Directora de Turismo de Galicia

10.50 Produtos financeiros específicos para o sector turístico

  • José María Martín Rigueiro, Director de Negocio Turístico e Hostaleiro de Banco Sabadell

11:20 Presentación dos incentivos autonómicos para o sector turístico

  • Incentivos orientados ao investimento. Beatriz Calderero Mir, Responsable da oficina do IGAPE en Santiago
  • Axudas para a implantación da Q de Calidade Turística. Modesto Rouco Vilar, Axencia Turismo de Galicia

11:50 Café

12: 20 Como ser máis atractivo cando solicito financiamento a unha entidade financeira?

  • Anxo Mejias, Director da consultora BIG PEME

13:00 O renting hoteleiro: Unha fórmula de financiamento fácil e flexible.

  • Tomás Manuel Abeigón Vidal, Director de Negocio Turístico Hostaleiro Territorial Noroeste de Banco Sabadell

13:45 Peche da Xornada

  • Cesáreo González Pardal , Presidente do Clúster de Turismo de Galicia

 

PROGRAMA DA XORNADA

Bookings

Las reservas están cerradas para este evento.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn