Entra en funcionamento a ruta ?Illas Atlánticas e vilas mariñeiras?, o segundo dos cruceiros costeiros por Galicia

Presentación Mini Cruceros Galicia

Entra en funcionamento a ruta ?Illas Atlánticas e vilas mariñeiras?, o segundo dos cruceiros costeiros por Galicia

Co obxectivo de seguir captando novos fluxos turísticos estes días púñase en funcionamento o segundo dos mini cruceiros costeiros que permitirán mellorar a oferta náutica galega e coñecer mellor as rías galegas a través de paquetes turísticos. O primeiro deles en entrar en funcionamento foi a ruta Tesouros da Ría, que o fixo en abril, mentres que este segundo, Illas Atlánticas e Vilas Mariñeiras faio desde o mes de maio. Con saída desde Sanxenxo, o cruceiro de entre tres e seis días de duración permitirá coñecer en profundidade Pontevedra, Illa de Ons, Bueu, Combarro, A Toxa, Cambados, Ribeira, Vilanova de Arousa, A Pobra do Caramiñal, Vigo, Illas Cíes, Baiona, Rande e San Simón. Durante sete meses, estes dous cruceiros permiten ofrecer unha oferta turística única e diferenciada que contribúa a situar a Galicia como destino náutico internacional, ademais de contribuír á oferta turística da zona e favorecendo a contratación doutros servizos turísticos completarios durante as estancias (aloxamento hostaleiros, restauración, enoturismo, etc.)
Os cruceiros, operados polas navieras InterRías-Náutico Corvo mariño, que fará o circuíto polas rías e Mareal Cruceiros, que se encargará do de Illas Atlánticas, poden reservarse na plataforma web Nautic Destinantion, creada por Agan+, Portos de Galicia e Xunta, ou a través de axencias de viaxes.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn