O turismo náutico incrementouse nun 4% nos portos deportivos galegos en 2016

ACTIVIDADES
puerto de sanxenxo

O turismo náutico incrementouse nun 4% nos portos deportivos galegos en 2016

A maior suba rexistrouse nas Rías Baixas, cun incremento do 14,5%

Portos de Galicia fixo balance do tránsito de embarcacións estranxeiras nos portos deportivos galegos en 2016 na que destacou o incremento das atracadas que foi do 4% no conxunto dos portos galegos que se cifra nun total de 8.167 embarcacións de recreo en tránsito procedentes do estranxeiro. Especial relevancia tivo a subida de atracadas nas mariñas pontevedresas, que foi do 14,5% na zona das Rías Baixas, cifras que levaron ao presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, a cualificar o 2016 de “tempada histórica” para o turiso náutico en Galicia e a destacar a Pontevedra como unha potencia náutica xa que recibiu neste ano un total de 2.536 barcos aos 14 portos deportivos da provincia de Pontevedra dependentes do ente autonómico.

En canto a procedencias, destaca a diversificación da procendencia destes barcos. Se até hai pouco a maioría procedían de viaxeiros franceses, no exercicio 2016 confirmouse a elección por parte de numerosos navegantes británicos e irlandeses de Galicia como destino para as súas travesías. Así, por exemplo, en portos deportivos como Combarro a maioría dos visitantes eran xa de nacionalidade irlandesa, mentres que os británicos son maioría xa en Baiona. Tamén se empeza a percibir unha maior presenza de embarcacións que teñen o seu porto de orixe en países do norte de Europa como Alemaña, Holanda ou Bélxica, ou mesmo doutros países máis afastados como Rusia.

Segundo os datos de Portos de Galicia, estímase que estes visitantes realizaron gastos na contorna dos portos deportivos nos que amarraron por valor de entre 1,8 e 2,4 millóns de euros, á parte dos custos de amarre e estancia nas dársenas. A estancia media por buque nos portos deportivos da comunidade é de entre tres e catro día por barco e calcula un gasto medio por pasa a noite de 150 ou 200 euros á parte das propias taxas portuarias. O impacto do turismo náutico na comunidade sería aínda maior se se engade o gasto dos tripulantes das embarcacións que chegan aos portos deportivos galegos procedentes doutros puntos de España, principalmente da cornixa cantábrica. O presidente de Portos atribúe estes bos datos ás campañas de promoción do turismo náutico en Galicia que están a pór en marcha as institucións galegas así como tamén á mellora da situación económica en xeral e á climatoloxía favorable nas costas galegas durante boa parte do ano

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn