O turismo internacional continúa gañando peso no verán galego, que mellora cifras de rendibilidade

O titular do Goberno galego, Alberto Nœ–ez Feij—o, presidir‡ a reuni—n do Consello da Xunta. Na sala de Consello. Sî GRçFICOS. A partir das 12,30h, comparecer‡ en rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados na reuni—n do Consello

O turismo internacional continúa gañando peso no verán galego, que mellora cifras de rendibilidade

Cumprindo as expectativas iniciais, e a falta de cifras finais, a ocupación hoteleira creceu en Galicia este verán entre un 3 % e un 5 % con respecto ao ano anterior, chegando a alcanzar nos puntos de maior afluencia turística ocupacións de ata o 95% nos meses de xullo e agosto. A media de xullo situouse no intervalo do 75 e 90 % e en agosto no 80 e 95 %. Durante estes meses o mercado nacional consolidou a súa recuperación e o internacional continuou gañando peso no conxunto do turismo que chega a Galicia, mellorándose a rendibilidade do sector tras a recuperación dos prezos hoteleiros.
Así o reflicte do informe preliminar de Turismo de Galicia a partir dos datos recolleitos entre o sector para avaliar o nivel de ocupación no verán e dar así unha visión cualitativa do comportamento turístico de Galicia nestes meses do ano.
Segundo os datos do sector, na provincia da Coruña, a ocupación media nestes meses foi dun 82 % cun crecente peso do turismo internacional, xa que tres de cada dez turistas que pasaron a noite foron estranxeiros. En Santiago de Compostela, as cifras de ocupación situáronse entre o 85 e o 95 % e o peso do turismo estranxeiro subiu considerablemente cunha importancia porcentual que oscila entre un 30 e un 40 %. No caso de destinos como Ferrol, os establecementos consultados apuntan a unha ocupación entre un 76 e un 92 % e con prezos hoteleiros á alza, que conseguiron mellorar a rendibilidade do sector.
No que respecta á provincia de Lugo, a porcentaxe media sitúase ao redor do 90 %, dato que se eleva ao 95 % na comarca da Mariña lucense. Na provincia de Pontevedra, na comarca do Salnés, no que Sanxenxo serve como referencia, alcanzouse neste destino unha subida de ata un 3 %, chegando a superar o 90 % de ocupación. Un destino en que tamén se rexistrou unha recuperación dos prezos das tarifas e unha maior antelación nas reservas. En Vigo, a ocupación oscilou entre un 80 e un 95 % e na cidade de Pontevedra as cifras de ocupación movéronse no arco do 70 ao 95 %, con moi bo comportamento en agosto.
Polo que se refire a a provincia de Ourense, o número de camas ocupadas aumentou nalgúns casos ata un 6 % con respecto ao ano anterior, destacando o comportamento do mes de agosto. A cifra de ocupación situouse no 85 % e percibiuse un incremento da chegada de turistas estranxeiros, supondo ata un 30 %. Na Ribeira Sacra a ocupación do mes de xullo foi do 83 %, o que supón un aumento do 14 % respecto ao mesmo mes do ano anterior.

Mellora da rendibilidade do sector
O sector apunta, ademais, a unha mellora da súa rendibilidade, na liña do acontecido nos últimos meses, nos que a combinación da mellora dos niveis de demanda e ocupación nun contexto de crecemento de tarifas facilitou que o sector hoteleiro rexistrase preto de 42 millóns de euros de ingreso total por habitación ocupada, superando nun 10 % o dato do ano pasado.
Polo que se refire ao Camiño de Santiago, o número de Compostelas expedidas pola Oficina do Peregrino rexistran en xullo e agosto un incremento do 6 % alcanzando só nestes meses a cifra superior a 100.000 peregrinos, un dato que, no acumulado do ano ata setembro supón unha subida de preto do 9 % máis peregrinos que o ano pasado polas mesmas datas.
Tamén se rexistraron boas cifras en experiencias turísticas impulsadas pola Administración autonómica como os trens turísticos, cunha ocupación de preto do 85 % de media, cifra que supera en 19 puntos o dato do ano pasado, ou os minicruceiros realizados nas rías de Arousa, Pontevedra e Vigo en ferri e veleiro, computando unha cifra global de máis de 300 pasaxeiros.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn