O turismo industrial, protagonista dun congreso en Vigo

cartel-congreso vigo pesqueiro

O turismo industrial, protagonista dun congreso en Vigo

Vigo acolle a próxima semana o I Congreso de Turismo Industrial de Galicia e Norte de Portugal, que se celebrará o 26 de outubro na sede ARVI (Edificio Ramiro Gordejuela) no Porto Pesqueiro de Vigo. Impulsado por Fundamar, a xornada comporase de dous paneis de traballo, un dedicado ao turismo industrial desde o punto de vista da oportunidade de desenvolvemento económico e social que supón para un territorio mentres que o segundo panel de experiencias recollerá experiencia do tuirsmo industrial en Galicia e Norte de Portugal.

A xornada incluirá, ademais, desgutación dos produtos gastronómicos vinculados ao mar e unha ruta marítima polo patrimonio industrial da ría de Vigo. A xornada conta co financiamento do Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra, Porto de Vigo e a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Para máis información e inscricións: info@vigopesqueiro.com/ vigopesqueiro@fundamar.org

PROGRAMA

10:00 Apertura e benvida ao I Congreso de Turismo Industrial de Galicia e Norte de Portugal
D. Javier Touza Touza. Presidente de FUNDAMAR
D. Manuel Correia da Silva. Vice-Cónsul de Portugal en Galicia
D. Enrique López Veiga. Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo
D.ª Carmela Silva Rego. Presidenta da Deputación de Pontevedra

10:30 Panel 1- TURISMO INDUSTRIAL: UNHA OPORTUNIDADE DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO E SOCIAL DO TERRITORIO

Moderador: D. Xoan Carmona Badía. Catedrático de Historia e Institucións Económicas da USC
Relatores/as: D.ª Alexandra Alves. Coordinadora técnica do turismo de S. João da Madeira
D.ª Ana Laura Iglesias. Concelleira de Turismo Concello de Vigo
D.ª Fernanda Araújo. Direção Regional da Cultura do Norte
D.ª M.ª Carmen Pita Urgoiti. Directora de Promoción Turismo de Galicia
D. Alexandre Guedes. Turismo Porto e Norte de Portugal

12:00 Panel 2- EXPERIENCIAS DA INDUSTRIA VIVA EN TURISMO, CULTURA E MUSEOS

Moderador: D. Manuel Lara. Presidente de Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial
Relatores/as: D. José Antonio Marcote. Experto en mercadotecnia territorial
D.ª Alexandra Touza. CEO en Ponle Cara al Turismo e Imalocal
D. Carlos Antunes. Director AquaMuseu de Vilanova de Cerveira
D. Vicente Caramés Moreira. Xerente Museo Mar de Galicia
D. J. Manuel Lopes Cordeiro. Director do Museu da Indústria Têxtil da Bacia do Ave

13:30 Clausura do Congreso e experiencia piloto para os/as congresistas

14:30-15:30 Degustación de produtos do mar e conservas tradicionais no Museo do Mar ( Gratis previa inscrición)

16:00 Ruta en barco PATRIMONIO INDUSTRIAL DA RÍA DE VIGO. (Saída dende o Museo do Mar. ( Gratis previa inscrición)

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn