O turismo deportivo gaña enteiros nas presentacións galegas en Fitur

Ezaro presntación FItur 2018

O turismo deportivo gaña enteiros nas presentacións galegas en Fitur

Surf, golf, triantlón, regatas… Galicia encherase en 2018 de eventos deportivos, algúns novos, outros plenamente consolidados que nos falan dun territorio ideal para a práctica deportiva

Desde a aposta de Turismo de Galicia polo surf a través do novo produto Galicia Surfing pasando por Ourense ou Pontevedra que rivalizan por converterse en capital das actividades deportivas, o turismo activo e deportivo gaña espazo na oferta turística galega ano a ano. E así quedou patente en Fitur, onde a caseta de Galicia acolleu un gran número de presentacións vinculadas con probas deportivas ou turismo deportivo.

Así, a Deputación da Coruña presentou a Marcha Cicloturista Gran Fondo do Ézaro, organizado pola UCI World Series e que aspira a converterse nun punto de referencia dentro das actividades ciclistas de gran fondo europeas e un “peregrinación” inescusable para os bos amantes do ciclismo de aventura e tempo libre. Pola súa banda Pontevedra presentou os Campionatos do Mundo de Tríatlon Multisport Pontevedra 2019 e Ourense fixo un repaso dos eventos deportivos que vai acoller a cidade das Burgas durante 2018.

Deporte e mar
Nun territorio vinculado intimamente ao mar as actividades vinculadas con este elemento non podían faltar tampouco entre as propostas que se presentaron estes días en Fitur. É o caso da Regata A Solitaire Urgo Lle Figaro 2018, a regata de solitarios máis importantes do mundo que recalará en Muros-Noia o próximo 4 de setembro.

Non podía faltar tampouco o espazo para un produto como Galicia Surfing, a marca promocional de Galicia como destino de surf que se presentou en Fitur como un dos novos produtos de promoción da Axencia de Turismo de Galicia. Neste sentido, Nava Castro destacou a potencialidade do turismo do surf nesta rexión, debido aos recursos naturais únicos desta terra, á vez que se presentaba un vídeo promoción no que participa un destacado surfeiro, Gony Zubizarreta.

Tampouco faltou á cita a Pantín Classic Prol, que tamén achegou a Madrid a información da súa próxima cita deportiva, plenamente consolidada no calendario de competicións de surf de carácter mundial. O certame deportivo que se celebra cada ano desde fai tres década na praia de Pantín, en Valdoviño, chega este ano á súa 31ª edición como a cuarta competición de surf máis lonxeva do mundo. Trátase dunha competición, considerada ademais festa de interese turístico, que inclúe probas do circuíto mundial de surf homologadas pola World Surf League e que este ano decidiu aumentar un día máis de acción, “diversión, bo tempo e do mellor surf do mundo”.

Galicia Destino Golf
Finalmente o deporte tamén estivo presente na última xornada de Fitur da man da Asociación Galicia Destino Golf, que integran empresas vinculadas á organización de torneos deste deporte. A súa presidenta Marisa Barandiarán, a xerente do Real Aeroclub de Santiago, expuxo como obxectivos para este 2018 o lanzamento do ?Golf Pass? co fin de facilitar a contratación de green fees e ofrecer un prezo máis competitivo ao visitante, así como ofreceu a colaboración dos campos ao Cluster de Turismo e a Turismo de Galicia para asinar convenios cos clubs de Dublín, Londres, Milán? con voos directos a Galicia co fin de aumentar o fluxo de visitantes. Ademais, o acto tamén serviu para presentar os torneos relacionados coa promoción do turismo do golf en Galicia: Circuíto Cenor Camiño de Santiago, Torneos Peregrinación e Ponte de Agosto de Mondariz, Open Rías Baixas e o Torneo Profesional Ladys Lepas en Augas Santas.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn