O turismo de cruceiros representou para a economía española 1,3 millóns de euros en 2015

crucero a coruña

O turismo de cruceiros representou para a economía española 1,3 millóns de euros en 2015

O noso país segue sendo o segundo mercado europeo máis importante, só por detrás de Italia e o cuarto mercado que máis se beneficia desta industria

Segundo os datos publicados pola Asociación Internacional de Liñas de Cruceiros (CLIA), España continúa como segundo mercado europeo máis importante como receptor de cruceristas, coa visita de 5,93 millóns de pasaxeiros, un 21,3% máis que en 2014, e tamén ocupa a segunda posición como porto de embarque con 1,28 millóns de pasaxeiros. Segundo o informe elaborado por esta asociación a partir dos datos do Informe Anual de Contribución Económica de Europa, este sector da industria de cruceiros xerou en 2015 á economía española un gasto directo de 1.323 millóns de euros, ademais de supor un total de 28.576 empregos, un 12,1% máis que en 2014. Estes resultados económicos sitúan a España como o cuarto mercado europeo que máis se beneficia da industria de cruceiros, cun incremento respecto ao ano anterior do 9,5%. Desde 2008, a contribución económica ha crecido no noso país un 22,5%.

Dos 1.323 millóns de euros de gasto directo, 586 millóns (44%) corresponderon ao gasto desembolsado por pasaxeiros e tripulación. En concreto, 312 millóns corresponderon a gastos en excursións, comida e bebidas e outros produtos nos portos de escala, o que supón un desembolso de 54 euros de media por cada crucerista. O resto, 244 millóns referíronse ao pago de taxas aéreas e portuarias, aloxamento, comida e bebida, excursións e outros servizos nos portos de embarque. Pola súa banda, o gasto da tripulación supuxo preto de 27 millóns.

En relación ao ranking de portos nacionais, o de Barcelona sitúase en primeira posición a nivel europeo, séguelle a Palma de Mallorca, que ascende ao terceiro posto, seguidos das Palmas e Tenerife, que ocupan o sétimo e décimo posto europeo, respectivamente. Durante a presentación do estudo, o Director de CLIA España, Alfredo Serrano, destacou que “aínda que a industria de cruceiros é relativamente pequena dentro da industria turística, a industria de cruceiros é líder en innovación e sustentabilidade e está a crecer de forma moi significativa en Europa, contribuíndo moi positivamente á economía de España. Os indicadores para este e os próximos anos, así como o gran esforzo que fai a industria para ofrecer alterativas variadas e de calidade aos consumidores, fan que sexamos optimistas de cara ao futuro”.
Pola súa banda, Enrique Losada, presidente da Autoridade Portuaria da Coruña, onde se presentou o estudido, presentou as previsións para 2017 na rada herculina, que apuntan a que se lograrán os mellores resultados na historia do Porto. Até o momento, están anunciadas 114 escalas de cruceiros, cun total de 170.000 pasaxeiros e 55.000 tripulantes, o que suporá unha nova marca tanto en número de buques como de cruceristas, cun impacto económico na cidade que se estima en 12 millóns de euros.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn