O TSXG avala o decreto de vivendas de uso turístico

apartamento-turístico

O TSXG avala o decreto de vivendas de uso turístico

O decreto de vivendas de uso turístico de Galicia ordena e non restrinxe a competencia. Así o avala o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que desestima así o recurso interposto meses atrás pola Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) contra o decreto . O máximo órgano xudicial galego apoia así a posición tanto da Xunta de Galicia como do sector, por considerar que ningún dos artigos da normativa galega vulneran o dereito da liberdade de empresa e a libre competencia. Ao contrario, a sentenza valora que a normativa é unha útil ferramenta para ofrecer un marco de seguridade xurídica tanto aos particulares como aos inquilinos deste tipo de aluguer.
Despois de pronunciarse na mesma liña o pasado mes de novembro cando tamén desestimou ao completo o recurso interposto en termos similares por unha asociación, con esta decisión, o TSXG ratifica o seu respaldo á normativa galega, unha sentenza que foi acollida con satisfacción ao ratificarse así a aposta por un turismo responsable e de calidade, sustentable e que favorece a convivencia harmonizada con outras actividades. A día de hoxe Galicia conta con máis de 4.700 vivendas de uso turístico inscritas no Rexistro de Actividades e Empresas Turísticas de Galicia (REAT), que suman máis de 24.000 prazas repartidas por toda a xeografía galega.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn