O sector turístico galego pecha o mellor primeiro trimestre dos últimos 15 anos

ISTE-Trimestral-IVT2015

O sector turístico galego pecha o mellor primeiro trimestre dos últimos 15 anos

O 93,1% das empresas turísticas, ou o que é o mesmo, nove de cada dez empresas deste sector, incrementaron a súa facturación respecto de 2014

Balance moi positivo do sector turístico galego neste primeiro cuadrimestre do ano, que conclúe cun incremento do 15% nos seus ingresos. Se a iso engadimos o bo comportamento do conxunto de 2015, que permitiu que o 93,1% das empresas turísticas, ou o que é o mesmo, nove de cada dez empresas deste sector, incrementasen a súa facturación respecto de 2014, podemos concluír que estamos frenta o motor da economía galega. E é que, segundo os datos achegados polo Índice de Confianza Turística Empresarial de Exceltur, a actividade turística na nosa comunidade incrementouse nun 4,3% nestes primeiros meses do ano, empuxada polos atractivos turísticos desestacionalizadores como o Camiño de Santiago, a recuperación do turismo nacional, o incremento do turismo de negociios e a conxuntura turística global, que desprazou un gran número de turistas estranxeiros de países ameazados polo terrorismo.

Estes bos resultados sitúan a Galicia como a segunda comunidade cuxas empresas turísticas aumentaron en maior medida as súas vendas, só por detrás de Madrid, No conxunto estatal, a actividade turística en España pechou o pasado exercicio cun crecemento do 3,7% e cun notable tirón da actividade turística durante outubro, novembro e decembro. Estas cifras fixeron que Exceltur revisase á alza a súa previsión para o conxunto de 2016, apuntando a un crecemento de até o 3,8% do PIB turístico.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn