O sector MICE galego prevé facturar durante 2018 uns 70 millóns de euros e pasar dos 1.000 eventos

ACTIVIDADES
Galicia Mice Barcelona

O sector MICE galego prevé facturar durante 2018 uns 70 millóns de euros e pasar dos 1.000 eventos

A directora da Axencia Turismo de Galicia, Nava Castro, presidiu o acto ao que acudiron uns 150 axentes internacionais e compradores do sector de congresos, convencións e incentivos.

OPC Galicia, a Asociación de Palacios de Congresos de Galicia, HOSPECO, ASEHOPO e Galicia Destino Golf únense na promoción da Comunidade como destino turístico de congresos e eventos a través da guía sectorial Galicia MICE, que presentaron na IBTM World celebrada en Barcelona. No acto, que contou coa participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participaron máis de 150 axentes internacionais e compradores vinculados ao sector do turismo de congresos e incentivos.
A través da nova edición da guía, os provedores interesados poden coñecer mellor a oferta coa que conta Galicia neste segmento, con 61.616 prazas hoteleiras, 13 palacios de congresos e recintos feirais, 84 museos e 14 conexións internacionais (22 no verán). A publicación, que foi distribuída a través de USB, articúlase por sectores e sedes e inclúe palacios de congresos, hoteis, empresas de organización de eventos, campos de golf, iniciativas de turismo de incentivo e, en xeral, todos os recursos como empresas de servizos audiovisuais, de montaxe de escenografías, transporte, servizos gráficos ou azafatas. A guía, deseñada en formato PDF, ten o seu respaldo nun portal web con información sempre actualizada (www.galiciamice.com)
Ana Trevisani, presidenta da Asociación Galega de Organizadores Profesionais de Congresos, OPC Galicia, explicou durante a presentación que o sector prevee pasar dos 70 millóns de facturación (60 millóns en 2017) e máis de 1.500 eventos durante 2018 (1.000 en 2017), un incremento que vien “despois dun período complicado para o sector debido principalmente á crise económica”.
No acto, conducido pola presentadora Silvia Jato, entregouse aos asistentes a guía GALICIA MICE, que reúne a oferta para a organización de congresos, reunións, incentivos e feiras da Comunidade, e contou coa presenza de Enrique Pena, director da Asociación de Palacios de Congresos de Galicia, en representación do Clúster Turismo de Galicia, quen resaltou a importancia de GALICIA MICE para competir tanto no mercado español como o internacional, pondo en valor a oferta de Galicia e o seu valor diferencial. “Galicia conta con importantes infraestruturas de comunicación, espazos idóneos para albergar congresos de calquera tamaño e unha oferta turística única en Europa”.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn