O posto de E para comer, Lugo volverá estar presentes na Volta Ciclista a España 2018

fotoFamilia Vuelta Ciclista

O posto de E para comer, Lugo volverá estar presentes na Volta Ciclista a España 2018

Da man de Turismo de Galicia a iniciativa da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl), E para comer, Lugo, volverá estar presente na próxima edición da Volta, a cita co ciclismo que percorrerá España entre o 25 de agosto e o 16 de setembro. Confírmase así a participación, por sétimo ano consecutivo, da gastronomía lucense nesta cita deportiva, que servirá tamén para facer promoción turística da provincia de Lugo por todo o país durante o desenvolvemento desta competición. O posto de “E para comer, Lugo”, estará instalado na zona VIP das 21 saídas de etapa e atendido directamente por persoal da Asociación. Do mesmo xeito que nas anteriores edicións, serviranse a todos os visitantes aperitivos elaborados con produtos da nosa terra e difundiranse exemplares da guía … E para comer, Lugo.

Entre os colaboradores nesta iniciativa atópanse os consellos reguladores da Ribeira Sacra, Tenreira Galega, Queixo Arzúa-Ulloa, Queixo do Cebreiro, Pataca de Galicia e Castaña de Galicia, así como Avimós, Asovega, Fabas de Lourenzá, Armadores de Burela, Galletas Daveiga, Grelos de Galicia, Pementos de Mougán, Mel de Galicia, Afapan. Fai falta destacar que este ano por primeira vez súmanse á lista de colaboradores a firma Leite 100 % Galega e  a Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Avermellada Galega  (Acruga). Segundo o presidente da Apehl, Cheché Real, “son moitas as persoas que eloxian a calidade, a frescura e a variedade dos produtos que se ofrecen na caseta da Asociación e así queremos que siga sendo”.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn