O proxecto de restauración do Pórtico da Gloria, a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade, Pilgrim Travel, o Resurrection Fest e a asociación Camiño dos Faros son os Premios Galicia de Turismo 2019

ACTIVIDADES
Ara-Solis-Premios-Galicia-de-Turismo

O proxecto de restauración do Pórtico da Gloria, a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade, Pilgrim Travel, o Resurrection Fest e a asociación Camiño dos Faros son os Premios Galicia de Turismo 2019

A cerimonia de entrega dos galardóns celebrarase no Teatro Rosalía de Castro da Coruña o próximo 3 de decembro

Un xurado presidido por Cesáreo Pardal, presidente do Clúster Turismo de Galicia, decidiu outorgar ao proxecto de restauración do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela na categoría Patrimonio; a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial da Unesco en 2021 na categoría de Promoción; a axencia especializada no Camiño de Santiago Pilgrim Travel na categoría Vangarda; o Resurrection Fest na categoría Evento; e a asociación Camiño dos Faros na categoría Sustentabilidade.

Os recoñecementos corresponden ao cinco categorías restantes dos Premios Galicia de Turismo 2019, cuxos gañadores foron elixidos entre máis de 160 candidaturas por un xurado composto por respresentantes do Clúster Turismo de Galicia, da Xunta de Galicia, a Universidade e das empresas patrocinadoras.

Así, o xurado estivo composto por: Cesáreo Pardal, presidente do Clúster Turismo de Galicia; José Luís Mestre, director de Competitividade de Turismo de Galicia; Alfonso Martínez, representante do Consorcio Turístico de Empresarios de Sanxenxo; Jesús Picallo, presidente de Solpor, Asociación de Empresarios do Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía; Sara Santos, presidenta da Asociación Hostalaría de Compostela; Lorena Varela, xerente da Ruta do Viño Rías Baixas; Francisco González, representante no Clúster pola Asociación de Empresarios de Hospedaxe de Pontevedra (ASEHOSPO); José Antonio Fraiz, profesor da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo da Universidade de Vigo; Tomás Abeigón, director de Negocio Turístico de Banco Sabadell; e Rodrigo Burgos, director do museo MEGA: Mundo Estrela Galicia.

Máis de 160 candidaturas recibidas

“A importante cantidade de candidaturas recibidas demostran o altísimo nivel das iniciativas que se están pondo en marcha en prol do desenvolvemento e promoción da nosa rexión e a consolidación de Galicia como un destino turístico acolledor, innovador, de calidade e respectuoso que o medio ambiente”, subliñou Cesáreo Pardal, presidente do Clúster Turismo de Galicia, quen quixo, ademais, transmitir no nome de todo o xurado e o comité organizador dos premios o parabén, non só aos premiados se non tamén a todos os candidatos que optaban a un destes galardóns. “Non foi doado para o xurado deixar fose algunhas propostas”, engadiu.

Estes galardóns, unha Ara Solis obra do artesán José María Mayer Segade e realizados coa colaboración de Artesanía de Galicia, entregaranse o próximo 3 de decembro no Teatro Rosalía de Castro da Coruña xunto que os correspondentes aos premios Escenario (Ribadavia), Embaixadora Nacional (Luz Casal), Embaixador Internacional (Hong-jo Chun, embaixador da República de Corea en España) e Pionerio (Moncho e Paco Vilas).

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn