O Plan de Formación do Clúster Turismo de Galicia supera o ecuador con talleres e seminarios celebrados en dez localidades

ACTIVIDADES
Plan de formación 2017

O Plan de Formación do Clúster Turismo de Galicia supera o ecuador con talleres e seminarios celebrados en dez localidades

Compostela acolle a partir da próxima semana o Programa Superior de Dirección e Xestión de Empresas Turísticas

Ribadeo, Vigo e Santiago de Compostela foron as localidades que esta semana acolleron os talleres de formación impartidos por IFFE Bussines School dentro do Plan de Formación do Clúster Turismo de Galicia. Coa celebración do taller sobre “Novas liñas de Negocio e oportunidades de diversificación no sector turístico” na Cidade da Cultura supérase así o ecuador dos case 30 talleres e seminarios promovidos no catro provincias nos que se abordaron aspectos como o de estratexia comercial e xeración de novas oportunidades de negocio, internacionalización, habilidades de comunicación ou sobre diferentes aspectos técnicos como estratexias de e-mercadotecnia, innovación e cambios tecnolóxicos, experiencia do cliente, etc. Monforte, Ourense, Verín, Sanxenxo, Lugo ou Vigo acollerán o dez talleres e seminarios que aínda restan por impartir ata a conclusión deste plan de formación, a finais de novembro.

Formación a directivos
Cabe destacar, ademais, que a próxima semana comeza en Santiago de Compostela o Programa Superior de Dirección e Xestión de Empresas Turísticas, dirixido a directivos do sector e no que, a través de 120 horas de formación continuada, abordaranse as principais temáticas contidas nas funcións relativas á dirección empresarial co obxectivo último de facelas máis competitivas, mellorar a calidade dos seus servizos e a xestión a actividade.

O Plan de Formación do Clúster Turismo de Galicia consta de preto de 300 horas formativas repartidas en diferentes seminarios, talleres e cursos que se están impartindo en localidades do catro provincias. Todas as actividades teñen en común o seu carácter presencial e gratuíto e un amplo cadro de persoal de 19 docentes especializados nas materias a impartir.

Toda a información sobre cada un dos tallers contido deste Plan e do resto das actividades incluídas no calendario formativo a través da web www.iffe.es/turismo

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn