O Parque Nacional das Illas Atlánticas organiza máis de 200 visitas guiadas gratuítas durante este verán

parque nacional illas atlanticas

O Parque Nacional das Illas Atlánticas organiza máis de 200 visitas guiadas gratuítas durante este verán

O gran interese que esperta o Parque Nacional das Illas Atlánticas levou á Xunta a ampliar o programa de rutas guiadas estivais programado para este 2018. Baixo o eslógan “Descubrindo o Parque Nacional ofrecerá ao longo desta tempada un total de 200 visitas guiadas, tanto ás Cíes e as Ons, como ás illas de Cortegada e Sálvora, que comezaron no programa de visita o ano pasado con gran éxito.
O programa promovido pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio ten o propósito de animar aos cidadáns de todas as idades a coñecer os valores destes enclaves naturais, completando e enriquecendo así a actividade de praia ou de sendeirismo que fan os visitantes durante o verán.
As rutas desenvolveranse durante o que resta do mes de xullo e ata setembro; en Ons e Cíes ofreceranse rutas diarias con varias temáticas, que poderán reservarse directamente na caseta de información das ilas ou resesrvando a través da central os mércores para Ons e os xoves para Cíes. No caso de de Sálvora, as visitas serán os luns, mércores, venres e sábados mentres que para Cortegada serán os martes.

As visitas son de balde e orientadas para todos os públicos, pensadas para nenos a partir dos 12 anos. Hai que ter en conta que o desprazamento a cada illa corre de conta de cada participante, igual que a comida e a bebida que se queira consumir durante estas actividades.
No período estival do ano pasado realizáronse case 400 rutas nas 4 illas, nas que participaron 4.245 persoas. Desde que se comezaron a ofertar no 2004, levan participado máis de 42.000 persoas.
Todas aquelas persoas interesadas en participar nalgunha destas actividades deberán reservar a súa praza a través da web da central de reservas a través da web www.reservasparquesnacionales.es, xa que as prazas son limitadas. No apartado específico da PN Illas Atlánticas, aparece unha listaxe das actividades ofertadas para cada unha das rutas co seu respectivo calendario. Cada persoa poderá reservar para unha soa ruta por illa. Habilitarase tamén unha lista de espera, coa que cubrir posibles baixas en Sálvora e Cortegada.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn