O Mesón Colón gana o Concurso de Tapas de Lugo

ganador TapasLugo 2018

O Mesón Colón gana o Concurso de Tapas de Lugo

Finalmente foi a tapa “A vaca mariña” do Mesón Colón a gañadora do Concurso de Tapas de Lugo que se celebrou nas últimas semanas. Así o anunciou a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (Apehl) nun acto que tivo lugar no Centro Cultural Vello Cárcere e no que estiveron presentes o presidente da Apehl, Cheché Real; a concelleira de Cultura, Turismo, Mocidade e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez.

Ademais, tamén se fixo pública a decisión do xurado técnico, formado por Quique Rodríguez, José María Martínez Alonso e Constantino Igrexas Fernández. O primeiro premio foi para a Arrocería Os Cachivaches, pola tapa “Bonito ti!!!”; o segundo premio concedéuselle ao Restaurante España, por “Boi roll con patacas bravas?; o terceiro premio, ao Mesón Colón, por “A vaca mariña”; a mellor maridaxe con Estrela Galicia conseguiuna o Mesón Pulpería O Castelo con “Niño de Polbo”; a mellor maridaxe con D.O. Ribeira Sacra, Ou Cincuenta e seis con “Bacallau ao queixo”, e por último, houbo unha mención de honra para O Castor, pola súa proposta “Prato criollo”.

Durante o acto, tamén tivo lugar o sorteo entre todos os cupóns de votación para coñecer os gañadores das viaxes, ceas e resto de regalos, que estarán dispoñibles na web www.eparacomerlugo.com

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn