O Instituto Galego do Viño e Afundación organiza dous cursos de cata de viños para afeccionados e profesionais

ACTIVIDADES
certificados-cultura-vino-basico-y-avanzado-2

O Instituto Galego do Viño e Afundación organiza dous cursos de cata de viños para afeccionados e profesionais

Baixo a denominación “Cerficado en cultura do viño”, o Instituto Galego do Viño en colaboración con Afundación acaba de abrir o prazo para inscribirse en senllos cursos de nivel básico e avanzado, respectivamente orientados ao mundo da cata do viño. A formación realizarase entre setembro deste ano e maio do 2017 as sedes Afundación da Coruña,
Ferrol, Lugo, Ourense, Vigo e Santiago.

Segundo explicou o director do INGAVI, Xoán Cannas, o obxectivo do programa é achegar aos afeccionados e iniciados na cultura do viño os conceptos necesarios para a súa interpretación e goce, ademais de inicialos na cata. Os cursos estarán impartidos por, entre outros, Juan José Figueroa, segundo clasificado no Campionato Galego de Catadores 2015 e responsable técnico do Curso Superior de Catador Profesional do Instituto Galego do Viño, e por Jorge Vila, xerente do INGAVI e especialista en mercadotecnia e formación no sector vitivinícola.

Os interesados poden adquirir a súa praza a través das sedes da Afundación, na súa web www.ataquilla.com ou no teléfono 902 504 500.

Localidade Curso Data
Vigo Certificado en cultura do viño

Nivel básico

Do 29 de setembro ao 27 de outubro de 2016

Do 2 al 23 de febreiro de 2017

Del 18 de maio ao 8 de xuño de 2017

Vigo Certificado en cultura do viño

Nivel avanzado

Do 3 al 24 de novembro de 2016

Do  6 de abril al 4 de maio de 2017

A Coruña Certificado en cultura do viño

Nivel básico

Do  5 de outubro ao 2 de novembro de 2016

Do  1 ao 22 de febreiro de 2017

Do 3 ao 31 de maio de 2017

Lugo Certificado en cultura do viño

Nivel básico

Do 8 ao 29 de novembro de 2016

Do 7 ao 28 de marzo de 2017

Ourense Certificado en cultura do viño

Nivel básico

Do 7 ao 28 de outubro de 2016

Do 3 ao 24 de febreiro de 2017

Ferrol Certificado en cultura do viño

Nivel básico

Do 6 ao 27 de otubro de 2016

Do 2 ao 23 de febreiro de 2017

Santiago Certificado en cultura do viño

Nivel básico

Do 3 ao 24 de outubro de 2016

Do 6 ao 27 de febreiro de 2017

Do 8 alo29 de maio de 2017

Santiago Certificado en cultura do viño

Nivel avanzado

Do 7 al 28 de novembro de 2016

Do 3 al 24 de abril de 2017

 

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn