O I Foro Inventa a túa Comunicación reunirá en Compostela a 500 profesionais

inventa

O I Foro Inventa a túa Comunicación reunirá en Compostela a 500 profesionais

Baixo a lema “Se podes comunicalo, podes facelo”, Santiago de Compostela acollerá os próximos días 31 de marzo e 1 de abril o I Foro Inventa a túa Comunicación, organizado pola Escola Inventa co apoio de entidades como Prosegur, Abanca e o Igape, entre outras entidades. Máis de 500 empresarios, emprendedores e directivos de todos os sectores daranse cita neste encontro no que se debaterán ideas para implementar unha comunicación eficaz nas organizacións. Entre eles estarán presentes un total de 20 relatores entre os que se atopan responsables de Google, Microsoft, Telefónica, Indra, Coca Cola ou do Grupo Nove.

Durante o encontro, os participantes poderán descubrir técnicas que mellorarán o seu potencial comunicativo e as súas habilidades para transmitir todo o que desexen difundir, ademais de escoitar a relatoras de primeiro nivel nun programa que se expón sen horario, sen dar a coñecer a quenda de intervención de cada un.

No I Foro Inventa a túa Comunicación está prevista a participación de Mario Alonso Puig, experto en creatividade, comunicación, liderado, traballo en equipo e motivar ás persoas para que descubran o seu potencial; Anaïs Pérez, directora de Comunicación e Asuntos Públicos de Google España e Portugal; Carlos Rebate, responsable de estratexia e operacións BPO de Indra en Asia; Branca Gómez, Talent Acquisition Lead West Europe at Microsoft; Hugo Scagnetti, director de Innovación e Solucións Dixitais de Telefónica de España; Rosa Yagüe, Communications Director at Coca Cola European Partners Iberia; Fernando Salinero, consultor estratéxico de PEMES e desenvolvedor de Proxectos Disruptivos; Pepe Solla, chef de Casa Solla e membro fundador do Grupo Nove; e de Víctor Grande, cómico zurdo e comunicador.

Comunicación máis eficaz e networking

O I Foro Inventa a túa Comunicación abordarán cuestións como o reto de captar e manter a atención do oínte; a discusión que se crea nalgúns discursos ao redor da razón e o corazón; o contra efecto que se produce cando se trata de impresionar coa mensaxe; e o poder comunicativo da sinxeleza. O sábado, 1 de abril, a xornada discorrerá con intervencións que abordarán a comunicación do futuro; os instrumentos e recursos que tamén comunican máis aló do discurso dialéctico e a necesidade dunha comunicación eficaz para alcanzar unha maior rendibilidade da organización ou empresa.

O encontro fomentará ademais o networking entre os asistentes, abríndose a posibilidade de crear contactos e relacións empresariais que impulsen o crecemento das súas empresas á vez que se abre a posibilidade de establecer sinerxías e novas oportunidades para os seus negocios. Precisamente, a segunda xornada do Foro terminará cunha gala no Hotel A Quinta da Auga, na que se promoverá a interrelación entre os participantes.

Máis información e inscricións na web: www.inventatucomunicacion.es

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn