O Galp Costa Sustentable celebra unha xornada sobre turismo activo e experiencial como fonte de diversificación económica

xornada turismo activo costa sostible

O Galp Costa Sustentable celebra unha xornada sobre turismo activo e experiencial como fonte de diversificación económica

O evento estivo orientado ao sector profesional relacionado co turismo, o deporte a hostalaría e o mar instalado no territorio de acción do GALP Costa Sustentable

A Fábrica de Sel e Museo do Mar de Muros acolleu unha xornada profesional dedicada a destacar casos de éxito relacionados co Turismo Activo e experiencial exportables ao territorio que abarca o Galp Costa Sustentable, que comprende os concellos de Fisterra, Cee, Corcubión, Dumbría, Carnota, Muros, Outes, Noia e Porto do Son.

O programa da xornada, orientado ao sector profesional da zona vinculado ao turismo e ao deporte, permitiulles aos participantes coñecer casos de éxito localizados noutras partes da xeografía española e con relación directa co aproveitamento dos recursos naturais, o deporte e o mar nun ámbito de sustentabilidade e turismo responsable. Así o encontro serviu para coñecer a experiencia do responsable da oficina técnica de Prepyr365, Javier García, que falou do modelo de colaboración público-privada de turismo activo na zona Prepirineos de Aragón. Xabier Fortes, pola súa banda, como propietario de TROKA ABENTURA falou da súa experiencia nesta empresa vasca que soubo interpretar os deportes tradicionais da súa rexión de maneira turística e crear un novo e innovador modelo de negocio mesturando varios elementos da identidade do territorio: tradición, deporte e natureza.

Luís Cayón, xerente do Plan de Competitividade Turístico de Surf de Ribamontán al Mar e pioneiro en promocionar España como destino turístico de España do Turismo de Surf, o que lle permitiu realizando un importante investimento que hoxe en día deriva en 344 empregos directos e 12,1 millóns de Euros anuais en Cantabria e Sonia Cruz Ibarra que falou da súa empresa Turismo Mariñeiro e como consegue conformarse como o nexo de unión entre a sociedade e o mundo pesqueiro na Costa do Sol completaron a xornada, na que tamén participou Agustín Rico como presidente Asociación Galega Empresas de Turismo Activo e Natureza. A continuación

O obxectivo final, ademais de animar aos empresarios a comezar esta aposta polo turismo activo e sustentable, é tamén mellorar a competitividade do sector empresarial e buscar noticias alternativas de explotación reproducibles no territorio para así situar o territorio como destino de natureza e deporte así como crear un punto de encontro para o sector do turismo activo que o fortaleza.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn