O futuro dos geodestinos turísticos galegos pasa polo traballo conxunto e planificado

jornada geodestinos

O futuro dos geodestinos turísticos galegos pasa polo traballo conxunto e planificado

Noia acolleu un seminario de traballo no que se deron cita 19 destinos turísticos galegos para analizar a súa situación e papel no sector galego

O papel que están chamados a exercer os xeodestinos no sector turítisco galego centrou boa parte do seminario de traballo que representantes do turismo galego levaron a cabo no Noia no marco dunha xornada impulsada polo xeodestino Ría Muros-Noia. Un total de 19 xeodestinos déronse cita no encontro, ademais de alcaldes, delegados territoriais, representantes doutras entidades do sector como o propio Cluster de Turismo de Galicia, que participou nunha mesa redonda da man de Manuel Veloso, da secretaría técnica, ademais da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que foi a encargada de presidir a xornada.

Na súa intervención a directora de Turismo de Galicia fixo fincapé no peso dos xeodestinos como catalizadores do desenvolvemento turístico do destino Galicia, ademais de destacar o apoio económico que seguen recibindo da administración pública para contribuír a un desenvolvemento ordenador do sector. De feito a Estratexia de Turismo de Galicia 2020 establece o papel preponderante que os xeodestinos deben asumir nesta planificación e ordenación do turismo en Galicia.

A xornada serviu, ademais, para coñecer de primeira mano experiencias na posta en marcha e desenvolvemento de diferentes geodestinos e para facer unha posta en común da necesidade de que estas entidades traballen conxuntamente e da man da administración pública para as posta en valor do territorio e da súa oferta turística diversa e complementaria á vez que se analizaron experiencias no ámbito da promoción onde se traballa con estratexias que operan con atributos diferenciais vinculados á cultura, tradicións, patrimonio e actividades.. Neste sentido o seminario permitiu coñecer mellor o funcionamento dos diferentes geodestinos, desde aqueles máis consolidados e cunha longa traxectoria ata aqueles que cun percorrido máis curto aproveitan a necesidade de definir unha folla de ruta ou aqueles aspectos como unha orientación á colaboración, o respaldo político ou os atributos do propio territorio que axudan e facilitan a xestión dun geodestino.

O evento pechouse cunha mesa de debate, onde se revisou a creación dos geodestinos cunha visión histórica, así como unha lectura crítica cuxo obxectivo era a orientación cara a unha mellor xestión futura. Neste panel o Clúster achegou a súa achega sobre a xestión dos geodestinos, achegando a colaboración do sector privado para unha mellor e maior eficiencia nas accións e a estratexia de promoción e cuxo obxectivo debe ser a xeración de maiores rendas no ámbito local. Así, definiuse un reto común que é traballar pola sustentabilidade dos destinos e reivindicar a importancia social, económica e de xeración de emprego que o turismo achega á nosa sociedade.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn