O Festival de Cinema de Surf máis importante do planeta celebrarase en Valdoviño

saved the waves film festival

O Festival de Cinema de Surf máis importante do planeta celebrarase en Valdoviño

En Europa, os emprazamentos para albergar o Save the Waves Filme Festival confirmados en 2017 son Ericeira, Amsterdam e Valdoviño

O traballo conxunto do Concello de Valdoviño e da Mancomunidade, dentro do proxecto Costa das Ondas, fixeron posible que Valdoviño acolla en agosto o festival de cinema de surf máis prestixioso do mundo, o Save the Waves Filme Festival, un proxecto cultural impulsado pola ONG estadounidense Save the Waves que, neste 2017, celebrarase tan só en tres cidades europeas: a lusa Ericeira, a capital holandesa Amsterdam e Valdoviño, sede do que tamén será o primeiro museo de surf en España.

Segundo confirmou a ONG californiana, o festival celebrarase o sábado 26 de agosto, na Casa da Cultura de Valdoviño grazas á proposta cursada polo Concello no marco do seu proxecto Océano Surf Museo, e co apoio da Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, que será quen financie o festival a través dun convenio coa Axencia de Turismo de Galicia. O Save the Waves Filme Festival ofrecerá películas que por si soas non poden cambiar o mundo, pero si fomentan a educación e a sensibilización ambiental a través de documentais e curtametraxes en inglés e castelán.

A iniciativa englóbase dentro do impulsado de Valdoviño para situarse como epicentro do surf en Galicia e enmárcase dentro do proxecto Costa das Ondas, un produto de turismo de surf da propia Mancomunidade que ten como obxectivo o desenvolvemento dun sector económico en torno ao surf e o seu fin último é que este se convirta no auténtico sinal de identidade de toda a comarca.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn