O deporte do golf e a súa influencia na demanda turística centra unha mesa de traballo promovida pola Federación Galega de Golf

reunión golf y turismo

O deporte do golf e a súa influencia na demanda turística centra unha mesa de traballo promovida pola Federación Galega de Golf

Co obxectivo de promover accións conxuntas que permitan promover o turismo do golf en Galicia, a sede da Federación Galega de Golf en Coruña acolleu unha mesa de traballo na que se reuniu a un grupo de profesionais vinculados ao turismo e a esta práctica deportiva.

Baixo o título “O deporte do golf e a súa influencia na demanda turística”, o encontro serviu para promover de forma conxunta novas estratexias que permitan captar fluxos de golfistas de orixe nacional e internacional cara a Galicia. A mesa de traballo contou a participación do presidente da Real Federación Española de Golf, Gonzaga Escauriaza.

Entre as diferentes accións para o 2018 destaca o proxecto do Cluster Turismo Galicia “Celtic Spain Golf & Wellness”, acción que persegue a firma de convenios entre o club golf londinenses e galegos que xerarán intercambio de xogadores.
A xornada celebrouse coincidindo coa proba do Circuíto profesional feminino LET Access Series que por 6 ano consecutivo reúne no no campo de golf do hotel Oca Augas Santas Balneario & Golf.a 129 xogadoras procedentes de 29 países, principalmente de Inglaterra, Francia e España. Esta é a única proba que se celebra en España, das 12 que forman parte do Circuíto e un dos mellores exemplos de como o deporte do golf promociona un destino turístico.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn