O CTG celebra unha xornada sobre dixitalización e emprendimiento en colaboración con ESADE e Caixabank

ACTIVIDADES
jornada ESADE cabecera

O CTG celebra unha xornada sobre dixitalización e emprendimiento en colaboración con ESADE e Caixabank

A asistencia é gratuíta para todos os profesionais do sector turístico galego que deberán inscribirse antes do 19 de febreiro

Os retos da dixitalización do sector turístico en Galicia, o financiamento e o emprendimiento vinculado ao Xacobeo 2021 ou a normativa de pagos europeos serán algúns dos aspectos que se aborden na nova xornada profesional que organiza o Clúster Turismo de Galicia en colaboración con ESADE e Caixbank para o vindeiro xoves, 20 de febreiro en Santiago.

Dirixida fundamentalmente a profesionais de sector turístico de toda a cadea de valor do sector en Galicia a xornada leva por título “Os retos para adaptarse ao cambio non sector turístico de Galicia” e a súa asistencia en gratuíta aínda que é necesario inscribirse antes do 19 de febreiro.

Ademais de varios relatorios sobre os temas a tratar, a xornada contará cunha mesa redonda final e a inauguración a cargo da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, que estará acompañada por Josep- Francesc Valls, Catedrático ESADE, Directora Aula Internacional Innovación Turística e por Emilio Barreiro, director comercial de Banca de Empresas de CaixaBank en Galicia.

Programa
11.00-11.30 Recepción de asistentes.

11.30-11.50 Inauguración.
Josep- Francesc Valls, Catedrático ESADE, Directora Aula Internacional Innovación Turística.
Emilio Barreiro, director comercial de Banca de Empresas de CaixaBank en Galicia.
Cesáreo González Pardal, Presidente CTG.
Mª Nava Castro Domínguez, Directora Turismo Galicia.

11.50- 12.10 O contexto turístico en Galicia.
Javier Ibáñez de Aldecoa, Economista CaixaBank Research.

12.10- 12.35 Visión dos empresarios turísticos galegos sobre os retos da dixitalización no sector turístico.
Josep F. Valls, Catedrático ESADE, Directora Aula Internacional Innovación Turística.

12.35-12.45 Financiamento de Proxectos de emprendimiento turístico vinculados ao XACOBEO 2021.
Marcos Cereijo Castro, Responsable de Caixa Bank Hotels Tourism Galicia

12.45-13.05 Normativa Europea de Medios de pago.
Pancho Pérez Salazar, Comercia Global Payments.

13.05-14.00 Mesa Redonda.
Presenta e modera: Diego Hernández, Director Hotels Tourism CaixaBank.
Interveñen:
Jesús Picallo, Xerente hotel Semáforo de Fisterra.
César Sánchez Ballesteros, Xerente Hotel Baía de Vigo.
Richard Huertas, Xerente hotel Ibis A Coruña.
Alberto Rodríguez, Propietario cadea Alda Hotels.

13.05-14.00 Viño galego

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn