O Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo publica os seus datos de xullo: logra manter a ocupación e crece o índice de consumo.

playa_de_silgar

O Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo publica os seus datos de xullo: logra manter a ocupación e crece o índice de consumo.

As cifras obtidas dos datos de ocupación en Sanxenxo no pasado mes de xullo 2019 mostran resultados similares aos de 2018, roldando o 75%. Un cociente que se mantén a pesar de ser un mes con meteoroloxía adversa, ao que se une unha ocupación variante de gran afluencia en fins de semana e menor entre semana. A sensación xeral dos asociados que transmiten desde o consorcio en que “cun mellor tempo tería sido un mes perfecto”.

 

En canto aos datos de consumo mantense unha liña de crecemento. Empresarios asociados ao CETS dos sectores de restauración, lecer e oferta complementaria foron enquisados para valorar o consumo dos seus clientes nunha escala de 1 a 5, obtendo un resultado de 3,89 fronte aos 3,11 do ano pasado.

 

No comunicado, o consorcio prevé unha tempada estival “que non se presenta con grandes alegrías meteorolóxicamente falando”, e que o esperado será consolidar os datos turísticos de anos anteriores.

 

Sanxenxo conta xa con máis de 15.000 prazas de aloxamento reguladas no sector hostaleiro e extra hostaleiro a maiores das prazas en vivendas de uso turístico e segundas residencias. Francisco González López, presidente do  CETS, afirma que deben seguir traballando “na promoción a nivel nacional e internacional, aínda que a carreira non é, nin debe ser polo récord turístico, por crecer cada ano máis en ocupación, a aposta debe ser pola estabilidade respecto a os resultados turísticos dos últimos anos e avogar polo incremento do gasto medio e da rendibilidade.”

 

Finalmente apostan por seguir traballando na promoción da marca turística de Sanxenxo desde a óptica da colaboración público-privada e seguir promocionándoa de forma internacional, perseguindo a desestacionalización.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn