O Consello Galego de Turismo impulsa a distinción da Semana Santa de Santiago de Compostela como festa de interese turístico

Semana Santa Santiago

O Consello Galego de Turismo impulsa a distinción da Semana Santa de Santiago de Compostela como festa de interese turístico

Esta decisión tamén se estende a outras celebracións como a Feira do Butelo da Fonsagrada e a Festa do Caldo de Mourente

O Consello Galego do Turismo de Galicia emitiu informe favorable para que a Semana Santa de Santiago de Compostela avance no seu recoñecemento como festa de interese turístico de Galicia, unha decisión que tamén se estende a outras celebracións como a Feira do Butelo da localidade lucense da Fonsagrada e a Festa do Caldo de Mourente, en Pontevedra.
Este acordo supón o paso previo á elevación destes informes ao Consello de Goberno da Xunta, o órgano encargado de resolver este tipo de recoñecemento. ?Tanto o sector como o Goberno galego demostramos a nosa aposta decidido por promover a Semana Santa galega, unha festividade en alza na nosa Comunidade?, explicou Nava Castro á vez que lembrou as outras cinco festas deste tipo que xa teñen este recoñecemento ?a de Fisterra, Santa María de Paradela (Meis), Cangas, Mondoñedo e Betanzos- ás que se suman outras dúas -a de Ferrol e a de Viveiro- coa distinción no ámbito internacional.
Durante a reunión, os membros do Consello Galego do Turismo valoraron as cifras turísticas rexistradas o ano pasado, cando se superou por vez primeira o dato do cinco millóns de viaxeiros e constatouse que o turismo galego está a crecer en todos os parámetros da man da calidade. Tamén se analizou o mapa da distribución do aloxamento regulado en Galicia facendo balance do Decreto de vivendas de uso turístico que, a piques de cumprir un ano desde a súa posta en marcha, supuxo o rexistro de preto de 5.000 vivendas que suman máis de 25.000 prazas repartidas por toda a xeografía galega.
Rigorosidade do decreto
Os membros deste órgano celebraron tamén a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que nos últimos meses ratificou dobremente o seu respaldo á rigorosidade da normativa galega, desestimando ao completo os recursos presentados pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) e por unha asociación do sector.
Deuse conta tamén das actividades que Turismo de Galicia está a levar a cabo en materia de desenvolvemento lexislativo, como o proxecto de decreto de campamentos que se está tramitando, así como das actuacións no campo da promoción e proxectos europeos con iniciativas como a participación de Galicia na nova ruta europea de turismo de mergullo, os proxectos Eurovelo e Loci Iacobi, no campo xacobeo ou Xêrés-Xurés referido ao turismo de natureza.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn