O Clúster Turismo de Galicia volverá estar presente en Turexpo

ACTIVIDADES
Turexpo Galicia

O Clúster Turismo de Galicia volverá estar presente en Turexpo

Unha edición máis volverá celebrarse a Bolsa Internacional de Contratación Turística para a que é necesario inscribirse

A 9ª edición de Turexpo Galicia, que terá lugar nas instalacións da Feira Internacional de Galicia Abanca (Silleda), os días 6 ao 9 de xuño volverá contar coa participación dunha caseta do Clúster Turismo de Galicia. No marco da feira volverá ter lugar a Bolsa Internacional de Contratación Turística, cuxa finalidade é permitir ás entidades participantes contactar cun importante número de operadores de turismo nacionais e internacionais a través de reunións agendadas. Para participar nela é preciso inscribirse e o Clúster de Turismo de Galicia dispón dunha tarifa especial para os seus asociados de 120€+IVA. En caso de estar interesados en participar na devandita bolsa deberá enviar un correo electrónico a secretariatecnica@clusterturismogalicia.com, antes das 13:00 horas do mércores 15 de maio cumprimentando a folla de inscrición que pode descargarse aquí e acompándoa dos datos de facturación.

Tamén pode consultar aquí o avance de turoperadores que xa confirmaron a súa participación nesta bolsa de contratación.

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn