O Clúster Turismo de Galicia celebra unha xornada técnica coas Universidades galegas de diagnóstico do sector turístico galego

ACTIVIDADES
que e para ti galicia

O Clúster Turismo de Galicia celebra unha xornada técnica coas Universidades galegas de diagnóstico do sector turístico galego

No marco do desenvolvemento da folla de ruta Estratexia de Turismo de Galicia 2020 encomendada ao Clúster Turismo de Galicia para a creación da axenda turística que marcará as principais liñas a seguir no horizonte do catro próximos anos, o CTG celebra este venres, 16 de setembro unha xornada técnica profesional dirixida ao sector turístico galego na que se darán a coñecer os principais resultados da análise ao sector elaborado polo tres universidades galegas que, por vez primeira, traballan de forma coordinada na elaboración dun plan estratéxico de turismo.

A xornada, para a que é necesario inscribirse antes do xoves 15 de setembro, desenvolverase a partir das 10,30h no Centro de Innovación Cultural da Cidade da Cultura co obxectivo de dar a coñecer as principais conclusións sobre a situación actual da oferta e a demanda turística galega, a evolución do sector e da súa contorna competitiva. O encontro se dividirá en tres bloques expositivos a cargo de representantes do tres universidades galegas, Antón Álvarez Sousa, catedrático da UDC; Miguel Pazos Otón, doutor en Xeografía pola USC e José Antonio Fraiz Brea, doutor en Ciencias Económicas e Empresariais, en representación da Universidade de Vigo. Ademais, o encontro contará cunha mesa redonda para abordar unha primeira aproximación á situación actual do sector turístico galego.

A xornada técnica servirá, ademais, para presentar o espazo web creado especificamente para conter todos os documentos que se vaian elaborando no marco do proxecto Estratexia de Turismo de Galicia, así como abrirase oficialmente unha enquisa para recoller as achegas da cidadanía para a elaboración da axenda turística.

Aqueles que estean interesados en inscribirse poden realizalo a través do correo administracion@clusterturismogalicia.com antes das 14h do 15 de setembro.

Descarga aquí o programa da xornada

Share on FacebookShare on Google+Tweet about this on TwitterShare on LinkedIn